Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Vivimos coma galegos

jueves, 20 de agosto de 2020
Os galegos somos especiais. Hai un galego na lúa. Non sabemos se subimos ou baixamos. E agora, para máis aquel, somos os que máis gastamos en roupa, sanidade, alcohol e tabaco. E somos os que menos cartos lle dedicamos a comer fóra e viaxar. Ante isto, non queda outra que analizar mellor o asunto. E tal asunto está todo baixo o prisma da sanidade; pois vestimos ben para ir "ó médico". Bebemos augardente e licor café a darlle cun sacho, que, transcorrido un tempo, lévate a un médico, a un hospital. Fumamos coma carreteiros, que, tamén co tempo, hai que desintoxicar eses pulmóns con tratamentos sanitarios. Non comemos fóra para aforrar e así poder pagar con folgura, con desafogo a Seguridade Social. Ou para ir ós médicos de pago, que adoitan ser os mesmos que os da Seguridade Social, pero seica atenden mellor en consulta privada que na pública. Os galegos, como se ve, tamén somos desconfiados e, ó mesmo tempo, listos. E non viaxamos porque... para onde imos? Se nos afastamos moito da casa igual nos moven os marcos. Se imos lonxe, podemos enfermar e non son os mesmos médicos os de alá que os de acá. Os cataláns serán agarrados, pero nós somos aforradores. Polo que poida pasar. Ata aforramos para que nos enterren ben; non vaia ser que só nos canten os responsos dous ou tres curas. Hai que ostentar incluso despois de mortos. Así é que, esa publicidade de “vivamos coma galegos” ata poida que leve razón; que vivimos e bebemos coma Deus (sen saír practicamente da casa) ata que nos atopamos coa sanidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania