Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Virus real e futbolístico

lunes, 17 de agosto de 2020
Virus real e futbolstico O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Ese é o dito, pero bater bate ben máis. E non aprendemos. Ó principio, no mes de marzo, tomamos a pandemia do Covid-19 de chacota e, agora, nos rebrotes, seguimos tomando o asunto de brincadeira ou de carallada. Isto cada vez aumenta máis. E oxalá erre, pero creo que estamos nun nadiña de volver ó confinamento total. Despois si, despois botarémoslle a culpa a quen sexa, é dicir, ó Goberno. Porque este dita normas (que unhas estarán ben e outras estarán mal), pero é que non cumprimos nin as que están ben.

Imaxinade as que pasamos polo arco da vella... Xa non digo nada co que respecta ás mascariñas; que xa pasa de castaño escuro. Falando claro, que as traemos de adorno. Ante isto, non queda outra que seguir pedindo sentidiño, porque isto está a saír de nai. Somos tan incapaces de facer o que debemos facer que ata tropezaremos cunha simple areíña.

Agora que, quen realmente sufriu unha pandemia de carallo foi o Barça o pasado venres nos cuartos de finais de Liga de Campións. En oitavos, cando eliminou ó Nápoles, xa lle dixen ó meu fillo que cando o collera o Bayern de Múnich, este meteríalle unha malleira que os deixaría baldados. Pero nin eu mesmo imaxinaba que fose para tanto. Pensaba nun 4-0, nun 5-0, pero xamais nun 2-8. E se a xente se confiou un chisco cando viron o partido do Nápoles, mal feito!, pois o do Barça víase vir ás leguas. Tal como rematou a Liga española ata cheguei a desconfiar da eliminatoria co Nápoles. Pasouna, si, pero xa vimos o que pasou.

E moito coidadiño para a temporada que vén. Estou vendo ó Barcelona arrastrarse polos campos de España. Ata lle pode perigar a ex Copa da Uefa. Quedan 15 días para fichar, polo que non creo que consiga moito. E como o adestrador que veña de novo (enténdese que chegará algún) non se atreva a meter a eses rapaces novos... Todo o demais, xa case se pode dicir que, hoxe, o Barça é un equipo de xubilados que, para máis aquel, están rebentados. Coidadiño, moito coidadiño que ata pode dar máis pena que esta temporada que remata. Que aproveite para fichar no inverno, porque creo que o vai pasar moi pero que moi mal. Os seus resultados poden estar cheos de Covid-19, dunha auténtica pandemia futbolística.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES