Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A agulla no palleiro

martes, 18 de agosto de 2020
Déixome levar polo refacho de vento que me empurra ata o infinito e máis alá. Máis alá está o desexo prohibido dun compromiso que non é e que nunca será. Nunca será nada o que se soña co imposible. Imposible non debería haber nada; nin tan sequera os sentimentos rotos, Pingas de Orballo: A agulla no palleiroos sentimentos que alguén fai que bambeen dunha negativa a un rexeitamento. Rexeito a imposibilidade dunha relación. Dunha relación que flúe por entre as liñas dun relato e os parágrafos dun conto. Conto que a vida sorrí cando todo vai ben, que cando vai mal o sorriso conxélase nun simulacro de reacción. Reacción é o substantivo que poñemos ante unha resposta de cando nos fixeron unha pregunta que non sabemos contestar. Contestar sen saber é como buscar a agulla no palleiro ou como instalar a trinta elefantes sobre a tela dunha araña, tan só para mirar se aguanta. Aguanta a intensidade da axada de vento, porque xa me vexo apartado das galaxias máis afastadas dese universo sen fin. Ese universo sen fin es ti. Ti es a nube branca que pasa e o raio de sol que queima, es o pomo da porta e a tecla do ordenador, es o infinito do que non ten fin e a sombra que me acompaña, es a ollada que se perde por entre os amieiros do río Arnoia e o xemido que se deita sobre a colcha verde dun lameiro. Dun lameiro que hai polo Río Vello e no que as miñas tardes se facían eternas ata que non levaba as vacas para Barricobos, onde alí andaban ás súas anchas e eu xogaba co Uriarte, o can que foi dono, señor e amigo da miña infancia. Infancia que foi e nunca máis volverá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES