Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

In saecula

jueves, 13 de agosto de 2020
No ano 81, a omnipresente haxiografía ocupábase de contar historias complementarias dos grandes sucedidos, e sóubose que o daquela príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, andaba arredor do seu pai, xogando mentras ao seu arredor se escribía a historia. E como aquel febreiro fora especialmente axitado, con todo tipo de acontecementos políticos, que morrera a súa avoa materna, e por fin a revolución montada o 23F, nun momento dado o príncipe neno exclamou: ¡Jo, que mes!.

“Pasou o que pasou” din os crípticos, cambiamos de ano, e por fin de século… E o novo século resultounos atravesado. Comezando polo incrible ataque ás torres xemelgas, que cambiou a nosa visión do terrorismo e a tranqulidade social, pasando pola brutal crise económica que cambiou o noso xeito de contemplar a propiedade, a empresa, o emprego… ata chegar á imprevisible pandemia que cambiou a nosa perspectiva do traballo, a saúde, a vida.

Se fosemos nenos, áparte de que nos enterariamos de moitos menos detalles agresivos da problemática xeral, sempre poderiamos liberar tensións exclamando en algún momento ¡Jo, que século!. Pero non somos nenos, enterámonos de todo o malo que nos chove por riba, sabemos que as exclamacións só serven como unha válvula de escape momentánea e que despois de todo o que levamos soportado seguiremos a experimentar sorpresas desagradables ou difícilmente ledas deste tempo que nos fai temer nos momentos mais agobiantes que as dificultades viñeron para quedarse “in saecula seculorum”. E que o mellor que podemos facer é aproveitar as cousas boas e sufrir con paciencia as veleidades dun tempo algo tolo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania