Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fotografía lucense na primeira metade do século XX (e III)

miércoles, 19 de agosto de 2020
A fotografa lucense na primeira metade do sculo XX (e III) En Mondoñedo estivo Santiago Pernas (1881-1951), nacido en Viveiro, e que en 1910 se instala na rúa da Fonte, bautizando o seu estudio como “Modernista Pernas”. Posteriormente trasládase ao barrio dos Muíños de Arriba na mesma cidade.

A familia Ínsua traballa en Viveiro: os irmáns Laureano Ínsua López (1863-1891), Celia Ínsua López (1873-1907) e José Ínsua López (1877-1918), coñecido como “Pepe da Mota”. Continua o negocio fotográfico a viúva de José, Consuelo Polo Lago, e posteriormente o fillo de ambos Emilio Ínsua Polo durante algún tempo. Tamén na primeira metade do século XX hai que mencionar a Fermín González Prieto (1897-1987), coñecido como “Lander”, quen publicou en 1934 o libro Album de Viveiro e quen mantivo estudio aberto en Viveiro, aínda que de maneira intermitente.

En Becerreá estivo unha fotógrafa, Maruja Roca Calvo, nacida en 1912, que realizou multitude de fotografías pola comarca nos anos 40, aínda que moitas delas, por desgraza, se perderon.Tamén foron moitos os fotógrafos, tanto españois como estranxeiros, que dunha maneira itinerante realizaron o seu traballo durante a primeira metade do século XX ao longo dos distintos pobos da provincia. Entre os estranxeiros figura a norteamericana Ruth Matilda Anderson (1893-1983), que realizou diversas viaxes por España, por encargo da Hispanic Society of America, entre os anos 1924 e 1949 e un deles, entre o 7 de agosto de 1924 ata o 28 de agosto de 1925, pasouno percorrendo as catro provincias galegas, realizando fotografías en Lugo cidade, así como en diversos municipios da provincia.

O alemán Walter Ebeling (1904- ?), que andou fotografando pola provincia de Lugo a finais dos anos vinte e principios dos trinta en distintas expe-dicións de traballo realizadas por Galicia. O tamén alemán, ao servizo dos nazis, Erich Andres (1905-1992) que realizou máis de 60 fotografías en Monforte de Lemos en torno ao ano 1936. Actualmente estas imaxes están en poder do Ministerio de Cultura.

Charles Alberty Jeanneret (1885-1936?), coñecido como “Loty”, estableceu o seu negocio en Madrid con Concepción López, a súa esposa, ao redor de 1926 e contratou ao portugués Antonio Passaporte para a realización de fotografías de todo o país.

Existen moitas fotografías da provincia de Lugo asinadas por “Loty”, aínda que é complicada a atribución das obras, do mesmo xeito que noutros moitos casos de estudios fotográficos que tiñan un titular que poñía nome a toda a produción do estudio, pois as fotografías eran realizadas polos distintos operarios da empresa. Aínda que é certo que non todos os fotógrafos realizaron un traballo da mesma calidade e interese, si é verdade que calquera fotografía do pasado merece ser conservada.

Por desgraza, en moitas das fotografías desta época resulta imposible identificar o autor das mesmas do mesmo xeito que o ano en que foi tomada. Mais aquí non se trata de dar unha listaxe completa de todos os fotógrafos que traballaron na provincia de Lugo na primeira metade do século XX, senón de mostrar unha visión panorámica da situación.
Ochoa, Eduardo
Ochoa, Eduardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES