Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fotografía lucense na primeira metade do século XX (I)

jueves, 13 de agosto de 2020
A fotografa lucense na primeira metade do sculo XX  (I) Algúns dos fotógrafos que iniciaron a súa andaina a finais do XIX, como Salvador Castro Freire (1869-1952), continuaron a súa actividade nos inicios do novo século.

Entre outros autores que pasaron por Lugo está José Gil (1870-1937), fotógrafo e cineasta nado na provincia de Pontevedra, veu polos menos en tres ocasións a Lugo en 1904, 1914 e 1918, realizando exposicións no Círculo das Artes da nosa cidade con notable éxito de público.

Mención especial merece o coruñés Pedro Ferrer Sanz (1870-1939), fotógrafo e impresor que tiña instalado o seu negocio na rúa Real da Coruña, e que realizou en 1910 fotografías da cidade de Lugo. Xa metidos na década dos vinte, e como fotógrafos profesionais, estiveron Carballés, que tiña un estudo na rúa da Raíña e que traballaba con luz natural que entraba por unhas amplas cristaleiras; Constantino Rodríguez, na rúa Conde Pallares, que alternaba na década dos trinta a luz natural coa eléctrica; en San Marcos, o fotógrafo Lamela, posteriormente establecido na Coruña; Quintero, quen durante algún tempo percorreu as feiras como fotógrafo minuteiro; Juan José, que chegou a Lugo ao redor de 1942, fixando o seu estudio no Campo Castelo, logo na Praza Maior e posteriormente na rúa da Raíña, no local que alí tivo Manito, a quen llo colleu en traspaso.

Juan José foi un dos primeiros fotógrafos profesionais interesado na fotografía chamada “artística”, ou afastada dos intereses meramente comerciais. Entre os precursores ou “primitivos” que practicaban a fotografía como afección “pura”, tamén chamados “fotógrafos artísticos”, estaba o anteriormente mencionado Salvador Castro Freire, farmacéutico na rúa San Pedro. Este afeccionado percorreu a provincia fotografando monumentos, paisaxes e escenas típicas cunha cámara de 13x18, pero foi quizá máis coñecido no seu tempo polas súas vistas estereoscópicas. Outros fotógrafos foron Pedro Varela, que exerceu a tripla profesión de pintor, gravador e fotógrafo; Leopoldo Gasalla Domínguez, Manuel López Vila, Ángel Vega Barrera e Valentín Roldán Regal.

A afección naqueles tempos estaba recluída máis ben en faladoiros como o do Café Méndez Núñez, que xuntaba a intelectuais, pintores, fotógrafos, etc. Tamén no Círculo das Artes existían faladoiros, do mesmo xeito que nos cafés A Terraza, Centro, Ybor, Flor, etc., onde se mostraban e comentaban as fotografías.


A fotografía lucense na primeira metade do século XX  (I)Outra maneira de promocionar o labor desenvolto nos anos trinta e corenta, e non soamente no aspecto fotográfico, eran as conversacións matinais no Círculo das Artes, onde Valentín Roldán Regal, pronunciou en 1948 unha conferencia titulada Corenta minutos de arte fotográfica.

Tamén os concursos tiñan importancia por ser vía de difusión do quefacer fotográfico, como o patrocinado en 1935 polo Círculo das Artes, chamado I Salón de Outono de Fotografía, que concedeu a súa medalla de ouro a Leopoldo Gasalla, a de prata a Luís Vázquez Fernández Pimentel, o premio de monumentos a Valentín Roldán Regal e o de temas locais a Ángel Vega Barrera.
...
Ochoa, Eduardo
Ochoa, Eduardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES