A terra de ninguén na ideoloxía
Santalla, Iago - miércoles, 19 de agosto de 2020
Ás veces custa moito manter una visión crítica da realidade. Parece que situarte aquí ou alá trae consigo un paquete de argumentos cos que tes que apandar. Isto lévame a pensar se son bos tempos para o libre pensamento.
Concretamente voume referir ao tema das okupacións. Eu entendo que o dereito á vivenda é un dereito humano e constitucional que non se está a cumprir pero haberá que esixirllo ao goberno de turno, sexa da cor que sexa. De paso podemos poñer de manifesto que ningún goberno da democracia cumpriu ao cen por cen o texto constitucional
No tema da okupación sempre hai dúas caras, xa que tamén debemos ver a perspectiva de quen tendo dúas casas en propiedade aluga unha para vivir.
Ter dúas casas non é ser rico, senón ter unha certa comodidade ou ben optar polo aluguer como medio de subsistencia. En todo caso se a constitución di que toda persoa ten dereito a un fogar, esixamos ao goberno que solucione o problema habitacional tendo en conta que tan inxusta é a okupación como o cobro de alugueres abusivos. Quizais á lei da oferta e demanda lle falta un código deontolóxico que impida o lucro a costa do máis feble
Isto xa o vimos tamén co tema das mascarillas.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora