O mérito dos devanceiros
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de agosto de 2020
Pode que non todos teñamos descendentes; pero devanceiros, si.
-Eles transmitíronnos a vida.
-Eles educáronnos en valores.
-Eles acolléronnos baixo un teito.
-Deles herdamos o aspecto físico, a súa intelixencia, a súa sabedoría, as súas crenzas, os seus costumes, as súas tradicións
-Etc, etc
-ELES TRANSMITÍRONNOS TODO O QUE DISFRUTAMOS NA ACTUALIDADE.
NÓS NON EXISTIRÍAMOS, tal como somos, SEN A SÚA PRESENZA NAS NOSAS VIDAS.
Debemos valorar moi positivamente o que significan os devanceiros nas nosas raíces, porque:
1.-NOS REGALARON A VIDA:
-Esa vida na que nos movemos.
-Esa vida na que existimos.
-Esa vida na que nos realizamos.
ESA VIDA, QUE A PESAR DE TÓDOLOS PESARES, MERECE A PENA VIVILA EN TODA A SÚA INTENSIDADE E EN TODA A SÚA PLENITUDE.
2.- NOS REGALARON ALIMENTO PARA O CORPO E PARA A ALMA TAMÉN
-O amor a Deus sobre tódalas cousas.
-A formación relixiosa.
-O respecto á vida.
-O respecto ós maiores.
-O respecto á tradición cristiá da vella Europa.
-A lealtade na amistade.
-A fidelidade na vida matrimonial.
-Os Madamentos da Lei de Deus e os da Igrexa Católica.
-As Obras de Misericordia.
-Os valores do sacrificio e a abnegación
-O amor á terra nai, que é a que nos dá o alimento
-E outros moitos.
3.- COBIXARONNOS BAIXO UN TEITO:
Baixo aquel teito, convivimos con persoas de distintas xeracións e aprendemos a compartir.
¡Que maravilla!
4.- EDUCÁRONNOS EN VALORES ESPIRITUAIS
¿CONSERVÁMOLOS?
Moitas veces actuamos como se todo empezara con noso nacemento e rematara co noso finamento.
Ignoramos que temos unha alma que salvar.
NON SABEMOS MOI BEN DE ONDE VIMOS NIN CARA A ONDE IMOS.
E, a veces, non lle dámos sentido á vida.
¡Que tristura!
¡Cantos problemas se poderían evitar se fóramos como Deus manda!
5.- DISFRUTAMOS DOS SEUS BENS MATERIAIS:
Eso si; pero
¿Non ocorre que nos acordamos do que valían as persoas cando xa non están?
EN VIDA, HERMANO, EN VIDA, di o refrán.
¿Valoramos todo o que lles debemos na súa debida medida?
Certo que a vida moderna é un tanto axitada, incerta e moi acelerada; pero
QUIZAIS SEXA UN BO MOMENTO PARA FACER UN ALTO NO CAMIÑO E FAVORECER AS RELACIÓNS INTERXERACIONAIS PORQUE OS MAIORES ESTÁN FACENDO MOITA FALTA EN MÁIS DUNHA FAMILIA E NA SOCIEDADE, TAMÉN.
A IMPORTANCIA DOS MAIORES
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora