Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sempre me encontrei

viernes, 14 de agosto de 2020
Teño a mente en branco coma Guadi Galego. Non obstante, axiña fago que traballe un pouco. Xa lle chegou ben a sesta para soñar. Nesta, ás veces pásase un pouco e de aí que chegue o momento en que se volva folgazana. Pero xa vai sendo hora de que volva pensar. De que Pingas de Orballo: Sempre me encontreipense que unha persoa panoca está aí porque ten que estar. Moitos temos que estar neste mundo porque nos deixaron caer de mala maneira. Cando se cae de mala maneira adoitamos golpearnos nos peores sitios. Un bo trompazo na cabeza deixa marcas apaioladas ou estúpidas ou sen raciocinio. Quizais o mellor fora que non se nacera, pero... quen imaxina as consecuencias? Cando gateas pensas que comerás o mundo e que vivirás nunha nube de algodón de cor branca. A realidade é que, aínda que te estomballes na nube de algodón, esta xa é de cor negra. Menos mal que despois estamos os que nos dá igual as cores das nubes e as formas nas que nos deixaron caer. O que nace torto será torto toda a vida. E tirará cara á adiante sen importarlle os contratempos, as pexas que lle pon a vida. Se algo nos atranca o camiño movémolo de sitio. E se non podemos, arrodeámolo. Así de simple ou de doado ou de sinxelo. A ver quen é o chulo que me pon as trabas, as dificultades. Para que teño a mente, que agora mesmo xa non está en branco. Ante as adversidades adoita ferverme. Agora mesmo ferve. E traballo para deixar de ser un pailán que anda perdido polos camiños da indiferenza. Sei como me encontrarei. Xa estiven máis veces perdido e sempre me encontrei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES