Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A primeira frase

jueves, 13 de agosto de 2020
Deixa a cousa así e xa retomarás o asunto noutro momento. Foi o que pensei cando ía consultar algo sobre que escribir para este relato. Ás veces anoto ideas ou titulares e gárdoas no peto do pantalón. Un deses titulares podía ser o causante deste Pingas. Pero foi cando pensei (algunha que outra vez dáseme por pensar) que ese titular, máis ben, podía darme para un Recuncho Hebdomadario, que é dez liñas máis extenso que os Pingas. Non son unha Pingas de Orballo: A primeira frasemáquina e, por veces, véxome negro para escribir o relato dos luns, que intento que sexa sobre algo en concreto, e sobre algo en concreto que acontecera pola semana anterior. Mentres que nos Pingas de Orballo ando máis ó meu albedrío; é dicir, que podo e vou por libre.
Deixei a cousa así e estou co estou. Porque todos os días intento estar algo. Unhas veces os relatos saen de revés, pero van saíndo. Non é fácil facer traballar ás neuronas todos os días. Nisto ata unha vez o propio director deste xornal recoñeceu que aquilo de escribir algo todos os días ten o seu aquel, o seu mérito, me dixo. Certo, por veces non é fácil. Porque non atopas tema, ou inspiración, ou incluso por falta de ganas. Non obstante, sabes que hai que facelo e desesperas un pouco ante a primeira frase. Moitas veces todo consiste na primeira frase. E cando aparece hai que facer o que dicía Camilo José Cela: fincar os cóbados, e xa está. A min, apareceume esa primeira, finquei os cóbados e xa vedes en que deu. Non saíu moi ó dereito, pero saíu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES