Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Vivirá sempre en min

martes, 11 de agosto de 2020
Case cinco meses sen ir a Baños de Molgas. Unha eternidade! Puta pandemia! Pero hoxe fun. Fun á vila que me viu nacer, crecer e vivir, aínda que hoxe non viva nela. Pero Baños de Molgas vive e vivirá sempre en min. Cando cruzaba a aldea de Almoite xa o meu corazón zorregaba no peito doutra maneira. Hai moitas formas e maneiras de golpear algo. Entrar na Rabaxoá, o asunto, ou sexa, os sentimentos xa deixan de ter explicación. Nese momento xa todo consistía en contemplar e axexar de se me atopaba con alguén, con algún veciño coñecido. Agora hai moitos veciños, destes novos, ós que xe ma custa unha barbaridade coñecer. E menos no mes de agosto, que é cando os emigrantes volven á casa por... polo mes de agosto. Se me atopo con algún veciño coñecido, recoñezo que son un pouco escandaloso no saúdo; ou ben coa bucina do coche, ou ben a grito pelado. Que queredes, hai que deixar que a emoción se desborde; senón nin é emoción nin é nada de nada. Crucei o río Arnoia pola Ponte Nova. Ó mesmo tempo boteille unha ollada ó Parque Ansuíña. Solitario. Pola maldita pandemia! Sen piscina. Pola noxenta pandemia! Nun suspiro pasei á beira da burga e, por suposto, non podía faltar a ollada cara á ese mazadoiro que será o único que saiba todos os segredos das xentes da vila. Ese mazadoiro! Ó chegar á curva da Angelita xa vin os postos ambulantes. Aí decateime da feira. Hoxe hai 23 anos que se implantou de novo a feira. Eu lembro que nos anos 60 se celebraba o día 11 de cada mes. Cando cheguei ó barrio da Igrexa, ó meu barrio xa me dediquei á familia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania