Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O país do esperpento

lunes, 10 de agosto de 2020
O rei emérito deulle sebo ós pés ou marchou coma quen leva o demo detrás. Non obstante, o Goberno di que nun fuxe de nada. Eu recalco o de nada. Marcharía porque si, porque aquí non sería feliz. Aquí vivía escravizado... da súa familia, da nosa situación, da nosa xustiza. Principalmente desta, pois de todos é sabido que a xustiza sempre, eh, sempre é igual para todos. E na nosa España moito máis. Outros deféndeno con unllas e dentes; ó rei emérito, a toda a familia real e a toda a monarquía.

Non lles importa que a esta lle corresponda un presuposto que, por exemplo, deixa de ir para educación ou sanidade ou cultura. Aquí, todos a chuchar do teto da vaca ou comer da ola grande. Ademais, se temos un Goberno para que queremos unha sombra? Aquí todo vai a pares: Estado-Autonomías; Goberno-Monarquía; Deputacións-Concellos. Non queredes caldo?; tomade dúas cuncas. Non nos importa que nos metan as mans nas carteiras; o caso é ir con quen ordena.

Agora preocúpanos máis onde pode estar o rei emérito que o de seguir tendo practicamente as mesmas consideracións que tiña antes de fuxir. Pobriño, a ver se lle vai pasar algo. A ver se non vai ter con que vivir ben na República Dominicana, por exemplo. Ou a ver se non pode cazar elefantes.

Ah si, que tamén nos deixa un problemón do carallo: que a ver que facemos agora coas rúas e parques e pavillóns e centros sociais ou deportivos ou benéficos que levan o seu nome. Que se o rei emérito nos saíu peixe ou un bo merlo, haberá que facer un borrado de memoria polas localidades de toda España. E todo porque somos ineptos á hora de nomear as rúas e lugares, cando todos os sitios teñen xa o seu nome desde que o mundo é mundo. Somos moi propensos a cambiar segundo a comenencia. De todos é sabido que o ser humano baila ó son que lle tocan e de que moitos non somos o que parecemos, que todos levamos o demo dentro. Non vale ser heroe hai uns días, cando hoxe es un malnacido. Non che poden levantar un monumento por un simple acto, cando, despois, metes os pés polas mangas cada dous por tres e baixo os teus intereses, claro. Así é que non queda outra entón que... a borrar o escrito, a desfacer o feito. Somos o país do esperpento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania