Un resort non é exilio
Santalla, Iago - miércoles, 12 de agosto de 2020
Ultimamente fálase con lixeireza da palabra exilio sen ter en conta que é un verdadeiro drama que percorre o mundo en distintos momentos da Historia a xeito de epidemia sociopolítica sempre invisible. Os exiliados viviron e viven como poideron e poden, máis ben malviviron, e seguen sen poder voltar moitas veces nin despois de mortos como lle pasou a Luís Cernuda. O esquecemento foi un dobre exilio para quen volveu coa limpa fronte erguida pensando nunha patria que resistira a ignominia.
Chamarlle exilio a quen vai vivir nun palacete a conta de diñeiro alleo é simplemente inmoral e supón aldraxar de novo a memoria de quen loitou pola liberdade e a dignidade.
O problema é que xa estamos demasiado afeitos a que a voz dos palmeiros non nos deixe ver a fraga. Será que aínda non sabemos desbrozar?
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora