Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregaria a San Roque no ano do Covid

viernes, 14 de agosto de 2020
Benquerido San Roque:

Non quero pasar a túa onomástica sin levar o meu corazón aos teus pés para pregarche, unha vez máis, por todas aquelas cousas diste Viveiro que sabes que me doen.

Prégoche por iste Pobo, onte fermoso paraíso de persoas, onde vivíamos disfrutando dun verxel, onde a pobreza era solidaria, e o mar pan e a terra leite. Sí, fáloche daquel Viveiro que foi templo de fe sin parafernalias e de convivencia pacífica para curar feridas dunha guerra que non mereceu existir. Faloche de Viveiro, terra de galernas, mina e hortas e moita miseria. De feiras e festas sen crases sociais, nin farrapo de gaitas. Falo dun Viveiro entrañable e acolledor onde o diñeiro non existía ou só estaba agochado na faldriqueira dos avaros. Fáloche do Viveiro onde os principios viñan nos xenes e a xenerosidade vivía en cada casa. ¿Verdade que falo doutro Viveiro? Sen dúbida. Sí, falo do paraíso que di Rosalía perdeu Adán. Pero nós tamén o perdimos.

O Viveiro de hoxe aí o tés: Desde fai tempo camiña a remedo do Benidorm máis brutale especulativo. E con il, a xente, cada día máis desnortada, superficial, codiciosa e indolente: pasota do interés común e displicente e maleducada con quen se esforza por mellorar a sociedade.

Non, meu Compañeiro, somos peregríns camiño do Alén. Non insistirei hoxe nas denuncias nin na abulia dos veciños ante iste estado de postración en que se atopa a nosa Vila, nin tampouco quero entrar en posturas ideolóxicas. A miña, como ben debes saber, é que lle vaia ben. E se poidera ser, mellor que ben. Por iso subo a pregarcho cada ano.

Perdoa a miña ausencia niste ano do covid. A culpa é diste maldito bicho do que ti es avogado para ben - peste e males-, pero il non me da permiso. A prudencia sempre foi boa conselleira e que por ela non quede.

Pois xa no Monte - aló vou co meu maxín- entre mogollón de xente de parranda, sei que volvería sintirme só e tristón. E xa que non poderei abrazar con sincero agarimo a moitos dos meus compañeiros e paisanos, permíteme alomenos encomendar a túa intersección por los mortos, xa polo covid, xa pola paradóxica vida. Si, meu Santo, a mín, xa no meu outono, tamén se me secan as pólas da árbore da amistade, e voan como as anduriñas moitos amigos, veciños ou simples compañeiros. Cada ano aumenta a desmesta e medra a miña soedade. Só agora falo de que xa non subirá connosco Carlitos de Chavín. Nin Pablo Gómez Albo, nin a súa dona Milita Barro… Pero ¡son tántos!... Porque, Compañeiro, despois de corenta e cinco anos definitivamente alonxado, xa perdín a pista á xente, e non pregunto se viven ou morreron, porque nin o sei, nin quero danar aos seus. Os corazóns medran cos exemplos dos xenerosos, por iso certo é que naide morre mentras alguén o recorde. Manía miña é que falo coas estrelas e nelas vexo as persoas que me regalaron moitos momentos felices.

Sobre os vivos direiche, Patrón, que para mín o vrao sempre foi a mellor época do ano. Non pola praia, nin isas cousas, senón pola ledicia que supón atopar a vellos amigos ou veciños ós que a vida espallou polo mundo, e poder compartir con iles alomenos o saúdo. E alédome se lles vai ben e boto de menos ós que a vida non lles axudou moito. Para istes a máis profunda aperta, de buxo diría o meu amigo Mero, e os mellores desexos.

Volvendo ó Monte, gozo, non embargantes, disa festa de gaitas e chocolate con churros, de que un fervoroso/a colaborador/a poña ante os meus beizos a túa imaxe para “librarnos de peste e males”. ¡Non se che esqueza, que levo cinco meses en clausura!

E xa fóra da Capela, misa e procesión incruídas, sorrio coa memoria de ver os nenos brincando, a xeito de baile, coa música e tamén comparto a ledicia e bó humor de moita xente xenerosa que nos agasalla ós que xa a vida nos roubou as ganas de troulear. Sí, tamén fumos novos.

E coa mesma, un bota de menos ós seus amigos, precursores amigos, xentes coma Neira, Xanás, Gerino, algún ano Tobio, Manolo do Reino, os citados Carlitos e Pablo… pero por fortuna aínda podremos coincidir, se non deixan, con Juan Carlos Neira e Dina, Muriel, Moar, Dani do Xanás, Moncho e José A. Pernas, Pepe do Goio (que ven de Burela), Ribera( Escolma de Meus), Mari Carmen Chipe e familia…e, por suposto, moitos da miña, nenos incluidos.

Mestre san Roque, perdoa que me perderá polo monte como o teu Can e non che pregara moi ben outras cousas que Ti esperabas.

Pregeiche por Viveiro e ben se ve a intención; porque nos libres diste maldito bicho tamén. Pero esquecinme pedirche por ista xente nova que vive sen sentido, alomenos desde o meu punto de vista; por ista xente, en xeral, que idolatra os cartos e os gasta en parvadas; por ista estúpida sociedade de presunción e altanera ignorancia; por esta xente indolente que só quer o seu pobo nas declaracións no Faceboock; polos que están fartos de loitar e os seus esforzos son bágoas no ermo; polos que chuzan cada día no seus chollos e malamente chegan a fin de mes; polas xentes de Aluminio e outras situacións parellas; polos labregos e mariñeiros, iso xa non tén que dicir; polos amigos e veciños que tamén viven lonxe e non poden disfrutar do seu soño… Por todo o que é necesario e olvido. E, por suposto, por todos, e tamén polos meus e por mín.

Por último, sigue coidando do teu Can, a quen boto de menos. Os ladridos son moi necesarios para coidar o Pobo. Cecais leven a mordacidade, pero non roen, as palabras só son armas dialécticas. Niste caso, encamiñadas a defender o Pobo, mais non todo o mundo pensamos igoal.

Repito: “¡Por dicir Viva San Roque…!”

Apertas de buxo sempre.

Ricardo Timiraos Castro, dende Colmenar Viejo, no agosto do Covid de 2020.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES