Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renovación interior

jueves, 06 de agosto de 2020
Cantos máis anos de vida se nos regalan, máis oportunidades se nos dan para aprender e para renovarnos.

APRENDER, APRENDER… RENOVARSE, RENOVARSE…
Hai que estar aprendendo e renovándose toda a vida.
Por esa razón: “A VETERANÍA É UN GRAO”
Pero aínda así:
NECESITAMOS RENOVARNOS CONSTANTEMENTE.

Nos meus tempos dicíase: “A PRUDENCIA É A NAI DA CIENCIA”

A MIN PARÉCEME QUE SEGUE SENTO UNHA BOA FERRAMENTA: de feito obsévase nunha boa parte da xente nova.
Trátase de:
-Xuventude que sabe asimilar o legado dos maiores ó mesmo tempo que amplia coñecementos e sabedoría.

-Xuventude que sabe moi ben que os maiores temos unha carreira de moita valía: A CARREIRA DA VIDA.

-Xuventude que sabe que: A CARREIRA DA VIDA NON SE APRENDE EN NINGUNHA UNIVERSIDADE POR MOI PRESTIXIOSA QUE SEXA.
Apréndese na convivencia, nas vivencias e nas experiencias do día a día co paso dos anos.

-Xuventude que sabe que os deberes anteceden ós dereitos, que non hai dereitos sen deberes.

-Xuventude que sabe que a vida ten límites que non se deben sobrepasar.

-Xuventude que vai pola vida NADANDO CONTRA CORRENTE EN MOITAS OCASIÓNS para defender os valores universais de convivencia.

Esta é a xuventude encargada de poñer remedio a moitos dos erros anteriores.

ERROS DE PERSOAS QUE VAN POLA VIDA PENSANDO:
-Qure os outros non teñen dereitos.
-Que as normas básicas de convivencia pertencen ó pasado.
- Que a imprudencia é a norma xeral
-Que todo o monte é ourego.
-Que se regala a confianza a primeira vista e o primeiro día
-Que se pode alcanza-lo cume sen escalar.
-Que se consegue o éxito gratuitamente.
-Etc, etc

SINTO MOITA MÁGOA POR ESA XUVENTUDE QUE VAI “DESENFRENADA” POLA VIDA, PORQUE:
Deus perdoa todo pero a vida non perdoa nada de nada.
ADMIRO ESA XUVENTUDE QUE ADEMAIS DE ADQUIRIR UNHA BOA FORMACIÓN ACADÉMICA, SABE:

-CONSERVAR OS VOLORES TRADICIONAIS: a convivencia, a honradez, a laboriosidade, a fidelidade, a lealtade, o respecto, a xenerosidade, a humildade, a castidade, a paciencia. a templanza, a moderación, a dilixencia no cumprimento do deber…

-CONSERVAR E CULTIVAR UNHA BOA FORMACIÓN MORAL porque nunca o divino estivo reñido co humano.

-CONSERVAR AS RAÍCES CRISTIÁS DA VELLA EUROPA, porque Europa e o mundo enteiro están máis necesitados que nunca dos valores auténticos do Cristianismo:

-TER A DEUS NO CENTRO DAS SÚAS VIDAS e amar ós humanos e á natureza como criaturas divinas que son.

-VALORAR O LEGADO DOS DEVANCEIROS.
Porque os devanceiros teñen moito, MOITÍSIMO peso nas nosas vidas.

“O MÉRITO DOS DEVANCEIROS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa constante renovación interior e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES