Democracia feudal
Santalla, Iago - miércoles, 05 de agosto de 2020
Vivimos tempos convulsos nos que é doado caer no desespero e chegar a ser un descreido. Principalmente, porque estamos a ver cómo se tambalean todas as bases da democracia; quizais, porque esta xa naceu eivada dende o momento que sitúa a unha persoa por riba da lei.
Corenta e dous anos despois descubrimos unha obviedade e é que a inmunidade xenera impunidade, provocando un descaro total no desfalco do diñeiro público. O peor de todo isto é presentir e case saber a ciencia certa que vai quedar en nada e que non vai ter consecuencias para quen foi tratado case como un mesías sendo un traidor.
Isto socávanos moral e políticamente como país. Como pretenden que sintamos orgullo ante o que temos enriba?
Quizais haxa que esperar tempos mellores para o orgullo como pobo, tempos nos que sexamos plenamente cidadáns conscientes de que xamais seremos súbditos.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora