Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Intentando apagar o sol

jueves, 06 de agosto de 2020
Sentei á sombra dun amieiro no alto da Pitediña. A calor é sufocante. O sol aperta tanto que queima. Á miña beira teño un caldeiro de lata para, de cando en vez, coller auga do Arnoia e ciscala para arriba, a ver se así apago un pouco o sol. Malo será que caldeiro Pingas de Orballo: Intentando apagar o soltras caldeiro non refresque un chisco o ambiente. A verdade é que a miña forza é pouca e non consigo que a auga suba moito máis alá duns cinco ou oito metros. Cando o sol se atopa entre os 147 e os 152 millóns de quilómetros. Me parece a min que non vou facer nada intentando apagar os seus raios con caldeiros de auga. Case é mellor que siga á sombra e esperar a velas vir, ou sexa, a que deveza un chisco esta calor que asfixia, que afoga, pero que non me vence. Como me vai vencer a min. Se cando era rapaz, en plena canícula, púñame a ler pola estrada que vai de Baños de Molgas a Os Milagres; esta mesma que está á miña beira. Non obstante, recoñezo que hoxe o asunto é moi forte e que a miña idade xa non é aquela de rapaz. Agora mesmo, se se me dera por ler desa maneira, non aguantaría nin 100 metros sen padecer unha insolación de cabalo. Mais coma tampouco quero ser un covarde, aínda de cando en vez, ergo de onde o amieiro, encho o caldeiro e sigo ciscando para arriba. Por se aquel. Ó mellor, vai ti saber... igual asoma unha nave espacial e consegue impulsar algunhas pingas de orballo. E mirade, só que consiga apagar dous ou tres graos dun raio, xa é moito. Porque hoxe, mirade ben, hoxe hai polo menos uns corenta e pico graos. E creo que me quedo curto. Así é que... seguirei á sombra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES