Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A árbore ermitá

viernes, 31 de julio de 2020
Nun día gris no que o vento sacudía levemente as branchas das árbores e o ceo cavilaba se debía derramar bágoas ou contelas ante a tristura do ambiente, vou a contar a historia dun ser que quería pasar desapercibido pero non o conseguiu. Non falo dunha persoa, senon dunha árbore singular.

Cando a vin coas súas ponlas encollidas, como se tivese frío, veuse a miña mente a actitude de meditación que moitos adoptan para pensar sen distraerse e súbitamente bauticeina co nome de ermitá.

Tiña aire de penitente solitario, aínda que estaba rodeado doutras árbores, arbustos e prantas. Incluso a súa talla semellaba un home de pé e coa cabeza inclinada, sumido en profundas reflexións. Non é necesario tomar asento, imitando a postura do "Pensador", de Rodín, para tentar descifrar os enigmas da vida. Era, sen dúbida, unha árbore extraña, prensada e oprimida entre un sauce chorón, que medraba de xeito desmesurado, e un abeto con tendencia a aumentar o seu tamaño. Entre un e outro terminarían por asfixialo e non estaba disposto a iso. Él tiña dignidade e se querían destruílo, non lles daría esa satisfacción e extinguiríase él mesmo. E así o fixo, foise esmorecendo pouco a pouco e rexeitou todo tipo de axuda.

Unha mañanciña, no lugar que ocupaba a árbore ermitá, apareceu un círculo matizado de frores sen nome. Así se depediu aquela árbore que non quería ser exterminada.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES