Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O último reduto dos covardes

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 05 de agosto de 2020
Non me quero deixar levar polas circunstancias, pero lévanme. Porque moitas veces hai materias, temas, asuntos que non se deberían descubrir. Ó final todo se sabe nesta vida. Así é que non queda outra que apandar e seguir o camiño que che marcan. Pingas de Orballo: O último reduto dos covardesTamén é verdade que somos todos uns mandados. Uns mandan máis que outros e a gran maioría apanda co ditado duns e doutros. O asunto, a materia, o tema anda comigo de cacho para cabazo, ou o que é o mesmo, que me trae a mal traer. Cal é o asunto, tema ou materia? Ah, non sei. Que queredes... saber? Para que apande aínda máis. Teño os meus principios e non penso poñer a ninguén en perigo. E se non, quedade coa canción "O meu noivo é un zombi", de Alaska e Dinarama. Que apande Alaska, que ten bo peito.
Non me quero deixar levar polo berro dun astroso, dun desgraciado; pero a impotencia fai que me sinta coitado ou desventurado e berro tralos outeiros da inocencia. E para berrar máis forte, moito máis forte subo ó penedo de Vide e esgazo o silencio por entre as carballeiras das Costelas. Logo do berro, volve o silencio. E instalado de novo no silencio apando coa circunstancia que me tocou vivir, que me toca vivir. Mentres esta non deixe de existir, haberá que agachar a cabeza, asubiar baixiño e esperar, esperar a que o tempo pase e todo cambie. Sen perder para nada a esperanza. A esperanza sempre foi, sempre será o último reduto dos covardes. E os covardes apandamos co que nos botan
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES