Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Volvo ser eu

martes, 04 de agosto de 2020
Que alivio, por Deus! Acabo de pasar a ITV dos oídos. É que non oía un carallo. A maldita cera! Xa volvo ser eu. Levaba uns días que non era eu. A ver, por un lado ata estaba ben non escoitar o rebumbio dos coches, por exemplo, circulando. Pero polo outro, nin os temas musicais me soaban ben na cabeza. Non é que agora escoite un grilo a tres quilómetros de distancia, pero... Polo menos tampouco xa non berro. Cando non oímos somos moi propensos a berrar porque pensamos que os interlocutores estarán tamén coma tapias. Agora mesmo escoitar a Miles Davis é como aspirar a unha calma inmensa e marabillosa.
O otorrinolaringólogo fixo o seu traballo e agora é o meu entendemento o que ten que facer bo uso da limpeza: oír o que haxa que oír e escoitar ben, moi ben. Hai xente que predica moito. Simplemente teño que separar ver a palla do gran. Teño que analizar con parsimonia a aqueles que berran por berrar ou que berran de máis. Asumir que certas opinións poder non coincidir coas miñas. Por certo, moitas. De todos é sabido que, de cabeciña, son torto, moi torto. Aceptar que hai xente que, estando en silencio, berra moito máis que aquel que esgaza a gorxa.
De todas formas, agora que oio ben, certas cousas me entran por un oído e me saen polo outro. E aquel que queira esbardallar, adiante; desconecto e non preciso ningunha cera que me tapone os oídos. Por sorte teño un pensamento moi libre en cuestións de dicir e escribir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania