Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O sexto lobo

sábado, 01 de agosto de 2020
Cinco lobiños ten a loba. É mentira. Tivo seis. O que pasa é que o sexto ninguén sabe para onde marchou. Ninguén, non; eu seino. Seino porque o outro día (creo que era martes, aínda que moitas veces non sei en que día vivo, pero é igual...) collín os Pingas de Orballo: O sexto loboprismáticos e desde a tapia do cemiterio mirei para o Outeiro Barbeiro. Alí estaba, todo impoñente e marcando territorio. Era o sexto lobo. O lobo do conto que nunca se acaba. Tiven ousadía e ó cabo dunha hora de o descubrir para alá marchei. Quería saber por que non estaba coa camada dos cinco, que así non se podía contar ben o conto, que este só falaba dos cinco lobiños que tiña a loba. Non podía, polo tanto, escarallar así como así o canto que se lle realiza ós cativos. Cando ía na Ponte das Cabras oín o ouleo. Arrepioume o corpo. Porque era deses ouleos nos que se choran versos de carraxe e tristezas que zoupan na alma. Ata a min me deu pena o seu oulear. Aí había moito abatemento, moita furia, moita forza e, si, moita aflición. Quixen asubiarlle como lle asubío ós cans. E asubieille. Detrás do meu asubío asomou un novo ouleo seu. Un ouleo triste. Pero souben ó momento que se achegaría ata min (non quero gabarme, pero asubío moi ben. Xa mo dicían de cativo: asubías coma os anxos. Eu non sei como asubiaban nin como asubían os anxos, pero...) Axiña o vin aparecer. Miroume fixamente. Marcoume territorio. E foi entón cando me esquecín de lle preguntar nada e tamén ouleei. Ouleei coma un lobo. Ouleei ou berrei (dáme igual) cheo de carraxe e de tristura. Berrei ou ouleei coas bágoas asomando ós ollos. Mirámonos os dous e sentamos entre a Ponte do Medo e o Outeiro Barbeiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES