Sacaremos conclusións
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de julio de 2020
Temos entendido que o ser humano é o ser máis intelixente da Creación e tamén o mellor administrador de todo canto nos rodea.
Pero o feito de que sexamos os seres máis intelixentes e que pertenzamos á especie máis evolucionada do ser humano; non significa que sexamos perfectos e moito menos: os amos do mundo.
NIN SOMOS PERFECTOS NIN SOMOS OS AMOS DO MUNDO.
Proba de que non somos perfectos é que conseguimos convertir o Paraíso Terrenal nun lugar onde a vida se fai cada vez máis difícil.
A vida faise cada vez máis difícil para o reino vexetal que se ve avocado á extinción de moitas especies por carecer dos recursos adecuados: secas, deforestacións indiscriminadas, prantacións alóctonas
En resume:Cancro para a terra
A vida faise cada vez máis difícil para o reino animal porque o ser humano chegou a invadir o seu espazo natural, coa especulación do solo, coa producción de residuos inórgánicos que a natureza non pode dixerir e coa contaminación en xeral.
E SE OS REINOS VEXETAL E ANIMAL SE VEN AMEAZADOS
¿DE QUE IMOS VIVIR OS HUMANOS?
Xa estamos vendo os resultados:
-O planeta rebótase.
-Aparecen máis enfermedades raras cada día.
-A ciencia xa se sente impotente ante moitas situacións.
-A conducta moral xa se dá por desaparecida en moitas ocasións.
-O ser humano xa se está convertindo nun utensilio de usar e tirar
-Deusfoi despedido do corazón de moitas persoas.
-Etc, etc
CHEGOU A HORA DE SACAR CONCLUSIÓNS:CONCLUSIÓNS POSITIVAS.
NON SE TRATA DE TIRARNOS OS TRASTOS Á CABEZA; porque tirándonos trastos á cabeza o que facemos é obnubilar máis a nosa mente.
NON SE TRATA DE BOTAR A CULPA ÓS OUTROS: porque se os outros teñen culpa, NÓS TAMÉN; e pasaríamos os anos de vida culpándonos reciprocamente.
NON SE TRATA DE XULGARNOS porque detrás dun xuízo adoita ir unha condena e tampouco se trata de condenarnos nin individual nin colectivamente.
NON SE TRATA DE TIRA-LA TOALLA PORQUE VEMOS TODO PERDIDO porque non está todo perdido, nin moito menos.
-TRÁTASE de utiliza-la capacidade de razoar porque todos nacemos dotados desa capacidade.
Eso que os galegos chamamos: SENTIDIÑO.
Usa-lo SENTIDIÑO é o que fai falta.
-Trátase de facer unha pausa no camiño da vida para ver se o camiño que levamos É O QUE QUEREMOS PARA NÓS E PARA OS NOSOS DESCENDENTES ou se debemos retomar o control das nosas vidas, collendo outra rota mellor para todos.
-Trátase de comprender os límites da nosa natureza sen sobrepasar as liñas vermellas da vida.
-Trátase de tratarnos con moito cariño, de querernos moito a nós mesmos e ós demais, de querer o mellor para o ser humano.
-Trátase de borrar o negativo e quedarnos co positivo, de emprender unha nova vida sabendo que NOS VAI ESIXIR MOITAS RENUNCIAS A CAMBIO DE MOITOS MÁIS BENEFICIOS.
-CONCLUSIÓNS QUE PERMITAN QUE AS AUGAS VOLVAN ÓS SEUS CAUSCES
Conclusións que permitan poñer a cada cousa, a cada vexetal, a cada animal e a cada persoa no seu lugar correspondente.
AÍNDA ESTAMOS A TEMPO.
NON NOS DESANIMEMOS.
Sempre se está a tempo cando se está disposto a renovarse desde o máis fondo do corazón de cadaquén.
RENOVACIÓN INTERIOR
Este será o título do seguinte artigo.
Esto será posible porque contamos con persoas como vostede que está disposto a renovarse antes que a morrer.
Por eso lle quedo agradecida de antemán e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora