Ídolos irresponsables
Santalla, Iago - miércoles, 29 de julio de 2020
Visto o que pasou co caso Fuenlabrada na Coruña, cabe pensar se ante o covid todos temos a mesma obriga de cumprir coas restriccións ou hai sectores como o do fútbol que están por riba do ben e do mal. En primeiro lugar, cabe dicir que isto é un problema que se arrastra de toda a pandemia. Non entendo que vivindo o que vivimos o presidente da liga Javier Tebas ocupara tantos minutos televisivos hablando de lo suyo en pleno confinamento, por certo, se ningunha empatía co que estaba pasando.
En segundo lugar, creo que se impuxo absurdamente unha brecha de xénero que como sempre, discriminou ao fútbol feminino.
A Tebas deulle resultado hablar de lo suyo e parece que conseguiu o seu obxectivo pero, a costa do mesmo, temos o caso Fuenlabrada que é unha ameaza á cidade da Coruña. Ante todo isto, o presidente da liga bota balóns fora pero ben se pode lembrar as súas presións para rematar a competición.
Escribo isto un venres sen saber o devir dos acontecementos. O que teño claro é que con Tebas ou sen Tebas, o fútbol non pode estar nin por riba da lei nin por riba do propio pobo e que convén poñelo no seu sitio. O fútbol non é nin máis nin menos que un deporte, polo que non pode erixirse como algo esencial cando moitas persoas que desenvolvían profesións imprescindibles están pendendo dun fío laboral, profesional e economico. Con Tebas ou sen Tebas hai que poñer o fútbol no seu sitio.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora