Vai para largo
Editorial - lunes, 21 de abril de 2008
Malo cando os gobernos van detrás dos pobos, porque o ideal e lóxigo é que quen goberne leve a voz cantante, sexa previsor saiba ver con tempo- e as súas directrices marquen conductas para prever problemas e non para solucionar males.
Neste Estado porque o problema supera con moito o territorio autonómico e suponse que mesmo o estatal estamos en crise. Pero esquezamos a crise de identidade, a crise social, a crise educativa, e atendamos exclusivamente á crise económica.
Existe crise económica desde hai tempo aínda que non se quixo recoñecer oficialmente ata que superamos o rubicón das ultimas eleccións xerais. E recoñecendo que é moi humano retrasar o seu recoñecemento para favorecerse políticamente dese retraso, cabe suponer que estaba perfectamente calculado o risco de empeoramento dunha enfermidade non diagnosticada, e que canto máis se tarde en poñer parches á crise máis difícil será enfrontala.
Certo que o desbocado precio do crú petrolífero do que dependemos como petroleoadictos irremisos ten moito que ver no tema, pero tamén ten moito que ver a nosa tendencia alegre a consumir por enrriba de calquera cálculo posibilista confiando que o que veña detrás arree coas nosas débedas.
Hai algo máis dun mes non había crise, pero agora o superministro Solbes xa calcula que alomenos ata finais do 2010 non imos comezar a volver ás tranquilizadoras cifras dun PIB medrando arredor do tres e medio por cento anual.
Se antes non nos confirmaron que había crise para que non tolearamos ó votar, ¿por qué agora imos crer que en algo máis de dous anos volveremos á doce normalidade anterior?.
Teremos tempo para vivir a crise... Convenzámonos da súa existencia, e vaiamos poñendo en orde os nosos asuntos económicos, para evitar unha dura caída.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora