Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Polas Circunstancias

viernes, 31 de julio de 2020
Boto un paso detrás doutro paso, pero non ando nada. Estou confundido. Non sei que me pasa. Quero quedar quieto e a miña imaxinación voa por entre as estrelas do universo. Quero botar a correr e quedo quieto. Atrapállome nos pensamentos e chisco os ollos coma se estivera cego. Non sei, pero por veces penso que só teño dúas opcións Pingas de Orballo: Polas Circunstanciasnesta vida de circunstancias: que ou me marcho para o Polo Norte ou subo ó faiado para coller o traxe de astronauta e partir para outro planeta calquera. Dáme que non teño sitio neste terreño. Vendo, notando e sabendo que non ando nada, simplemente sento. E deixo correr os soños por entre as flores dos toxos e as almofadas adondas. Soño coa cor verde do loureiro e coa vermella dos seus beizos. Achico os ollos, penso, pego un brinco e opto andar ou subir ata o Polo Norte. Boto un paso detrás doutro paso, e non ando nada. Quedo confuso. Cambio de tema musical e xa sei fixo que teño que buscar outro planeta. A cantos máis anos luz, mellor. Non quero que ninguén me recoñeza. Quero ser unha incógnita entre a luminosidade das estrelas. Nun chiscar de ollo poño o traxe de astronauta e co mando a distancia arrastro a nave espacial desde o alto da Chaira ata a Pitediña. Revolvo a cabeza cara á Baños de Molgas, despídome da miña terra con bágoas de orballo pingando pola cara abaixo e deixo escapar un salouco de pena. Pero marcho porque teño que marchar. Porque a confusión, o galimatías, o rebumbio que teño sobre a miña testa non o entende ninguén deste planeta. Que as circunstancias vaian comigo polos confíns do universo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES