Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Coidadiño cos marcos!

jueves, 30 de julio de 2020
Telémaco Longo Aspereza ameazou ó seu curmán e veciño Ulrico Poseso Aspereza con moverlle o marco. Telémaco era fillo da Pichurra e Ulrico da Pichurriña. Enténdese que as dúas eran irmás. A Pichurra levaba por nome Macaria Aspereza Atenea e a Pichurriña respondía por Natalia. Pénsese que os apelidos son os mesmos que os da irmá. O marco Pingas de Orballo: Coidadiño cos marcos!en cuestión dividía as leiras que os dous curmáns tiñan nas Veigas, alá na vila de Baños de Molgas. A verdade é que as leiras estaban máis que abandonadas, porque Telémaco vivía en Madrid e Ulrico en Barcelona. Pero cando chegou o momento de que un deles, o fillo da Pichurriña, quixo limpar a súa (chegara de vacacións e aburríase, porque por isto do coronavirus os veciños xa non se relacionan como se relacionaban), aí atopouse co marco e o Ulrico pensou que o seu curmán o movera. No debuxo que tiña el na mente de cando era rapaz, o tal marco non estaba nese lugar. Hai que desculpalo un pouco: que a memoria da infancia, por veces, distorsiónase algo e que as matogueiras que se formaron por todas as leiras non axudan moito na localización dos marcos. Pero el, fose como fose, colleu o asunto a peito. E en Galicia, un marco é palabra do Señor, é documento asinado aínda que non teña sinatura, é o máximo da propiedade de cada un. Moito coidadiño cos marcos! En principio, Telémaco e Ulrico andan a partir as peras, ás regueifas por culpa do maldito marco. Agora, tanto o un coma o outro intentan visitar a leira medio ás agachadas, é dicir, tratando de non coincidir. Por se aquel. Que xa se sabe que as ameazas cárgaas o demo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES