Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un rey campechano

martes, 28 de julio de 2020
Non sei se nos damos conta do que nos enganan, dos mitos que nos colocan con tal de seguir inventando España. Cren que somos estúpidos e como tal trátannos tendo a certeza de que repetíndonos falsidades ata a saciedade rematamos aceptándoas coma se fosen verídicas. É un sistema xa moi estudiado e aceptado coma método práctico de manipulación de masas.

Tivemos perante corenta anos un rei imposto por Franco facendo bo aquel dito de "deixalo todo atado e ben atado". Quizá non todo, pero...

Na medida en que ía transcorrendo o tempo reinaba sen gobernar un rei "campechano", e lle chamabamos "Juanca" coma se dun coleguiña se tratara. Dixéronos que chegara dende o exilio de Estoril cunha man diante e outra detrás pero axiña colleu o temón e puxo rumbo a sacarlle partido á xefatura do Estado sen reparar moito nas formas.

A Monarquía é irresponsable no sentido estrito da palabra: "O Rei non é responsable, política, civil e penalmente, e a súa persoa é inviolable". Isto doulle, sen lugar a dúbidas, unha envexable facilidade para facer da súa capa un saio. E así fíxoo. De chegar co xusto amañou unha fortuna mil millonaria sen ter que dar explicacións e sen apenas despeitearse vivindo, como é preceptivo, coma un rei. Todos os seus desatinos foron coñecidos polos gobernos de quenda e polos seus vasallos que non deixaron de aplaudir, loar e se acaso envexar o seu comportamento. Xa que logo, afórrome o minutado.

Malia ser a monarquía, segundo o meu parecer, unha institución anacrónica, nos tempos Un rey campechanoque corren o rei debería ser exemplo de comportamento impoluto a pesar do difícil que é pedir a un ser humano conducta inmaculada. Pero isto do comportamento exemplar para o rei entra coma parte do seu salario que, como quedou demostrado, a el non lle chegaba.

Algúns poderán dicir que parte das democracias consolidadas son Monarquías Parlamentares, vale, pero outras tan robustas non, coma por exemplo Alemaña que no seu momento rexeitou a monarquía polo desastrosa que supuxo para o país e elixiu a República Federal. Pero "Spain is diferent" e preferimos seguir o modelo medieval baseado no dereito de "bragueta" e aquiescencia dun ditador para entronizar a un rei, hoxe un rei "demérito".

Unha viñeta de "El Roto" (El País - abril 2012) representaba só unha coroa co seguinte texto: "Demasiada coroa para tan pouca cabeza". Non se pode dicir máis con tan poucas palabras.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES