Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A utilidade do 'colexio novo'

lunes, 27 de julio de 2020
A semana deixounos cun aumento moi significativo de contaxiados polo coronavirus. Normal. Non temos sentidiño ningún. E non será por non recomendalo. Somos cabezóns. Sempre pensamos que a nós non nos tocará. Coma nos accidentes de coche ou de calquera outra índole. Ata que nos toca. Despois é cando botamos as mans á cabeza. Agora botámolas ó papo. É que eu xa hai un tempo para acá de que ó asunto das mascariñas chámolle “debaixo do papo”. Vas pola rúa e, si, todos levan as mascariñas... debaixo do papo. Algún si que a leva colgada da man ou facéndolle de cobadeira, pero xeralmente, debaixo do papo, coma se tiveramos anxinas ou estivésemos en pleno inverno. Temos cabeza pero non temos sentido ningún. Ó mellor vai ter que abrir de novo Os Milagres para acoller ós contaxiados. Ó mellor volvemos ás primeiras fases do confinamento. Que non estaría mal, a ver se así aprendemos. De todos é sabido que somos moi propensos a tropezar coa mesma pedra unha e outra vez; non tan só unha vez.

A verdade é que Os Milagres si que abre de novo. Pero para outros mesteres. Nesta ocasión acollerá a xente con discapacidades. Xa era hora de que o “colexio novo” sexa unha vez máis de utilidade. Botei alí oito anos, ou o que é o mesmo, todos os estudos que teño realiceinos alí; e dábame non sei que ver como aquel edificio, co tempo, podía virse abaixo. Todas as cousas ó non usalas padecen demasiado rápido o paso do tempo. Se me poño a conversar sobre Os Milagres, sobre o colexio dos Milagres sería o conto de nunca acabar.

Dicir que fun dos que o inaugurei e dos que, si, padecín un pouco a disciplina que reinaba naqueles anos (era así e non había volta de folla), pero tamén dos que vivimos na gloria, incluso coa propia disciplina ó noso arredor. Eu era un bendito, máis ben un cagadiño de medo, e non facía falcatruadas. Ás veces apetecía facer algunha, pero a maiores da propia disciplina do colexio, tiña a disciplina da miña nai. Esa si era disciplina! Como para que os curas lle foran co conto a Lola de que fixera algo. Érache ben mellor un bo castigo dos da sotana que unha simple ollada ou palabra da Lola da Amparo.

Bromas á parte, alégrome que o colexio dos Milagres volva ser de utilidade. Polo edificio en si e pola situación do mesmo: monte, aire e silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania