Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A boca aberta

miércoles, 29 de julio de 2020
Cinco da tarde. Quenta. Ou mellor, abrasa. É o día do libro, en pleno mes de xullo. O coronavirus trastornou a nosa sociedade. Para aqueles que non o saiban: o día do libro é o 23 de abril. Hoxe é 23 de xullo. Que si, que hai xente que non sabe destas datas culturais. Se ás veces non saben dos seus propios aniversarios ou onomásticas, como para saber o día do libro. Por certo, eu xa o aproveitei. O día e o libro. A lectura non pode faltar na miña vida. Tampouco a música. Agora mesmo é o músico de jazz Dave Brubeck co tema "Golden Brown". Que marabilla! Como marabilla é "Breakfast In America", de Supertramp. Teño a boca seca, pastosa. É o tempo, o maldito tempo. Ou tamén que, como xa vou vello, ó ler e ó escribir xa empezo a dicilo de voz, ou sexa, que xa non leo coa mente tan só. Entón, claro, a boca, ó estar aberta, seca. Tamén é mellor que estea aberta por estas cousas que non por quedar parvo. Ás veces, algúns quedan coa boca aberta porque non saben que facer da vida. Outras veces, tamén é certo, que a boca aberta significa admiración, pasmo, alucinación. Un tamén adoita quedar coa boca aberta cando o soño que tanto se ansiou se converte en realidade. Esta é a que, realmente, che pon a boca seca. Porque hai realidades que enganchan, que te premen e que che chupan as entrañas. Cinco e vinte da tarde. O sol segue pegando e a boca está cada vez máis seca. Pero xa non me atrevo a opinar se é polo tempo ou por esas realidades que me furgan no cerebro. Bonitas realidades. Porque se soñar é bonito; o soño convertido en realidade será...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania