Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Franquistas' na Deputación de Lugo

viernes, 24 de julio de 2020
Góstame ver nos concellos fotos dos antigos alcaldes, como parte esencial da historia local. Na Deputación de Lugo non vai ser posible algo así, porque pola Lei da Memoria Histórica van retirar os retratos presidenciais dos tempos de Primo de Rivera e do Franquismo. A noticia entristeceume e sorprendeume, porque non se pode borrar a memoria por quitar as súas imaxes.

Vailles ser difícil, por exemplo, borrar a memoria da presidencia (1949-1951) de Antonio Rosón, que logo foi democráticamente presidente de Galicia e do Parlamento, Deputado no Congreso e Senador. E máis difícil aínda cargarse a lembranza de Julio Ulloa Vence, presidente dous anos a mediados dos sesenta. Tiña 6 anos ao comezar o franquismo, foi o presidente máis novo de España e foron buscalo para o cargo á universidade de Georgetown. Doutor Enxeñeiro Agrónomo, foi logo Senador pola UCD (1977), Deputado (1979) e concelleiro en Lugo nos anos oitenta. Estaba no Congreso cando Tejero intentou un golpe de Estado, e era persoa de paz como poucas. Foi Director da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, e o primeiro presidente do Club Cultural Valle Inclán de Lugo, ao que ninguén ousaría tildar de franquista.

Cando a finais de maio morreu Julio Ulloa, a Deputación testemuñou condolencias á familia, puxo ás bandeiras a media asta –xa estaban polo tema do coronavirus- e declarou tres días de loito oficial. O sentimento duroulle á corporación provincial mes e medio. Sic transit gloria mundi.

Xa digo que a noticia de retirar as imaxes desacougoume. E non só por Rosón e Ulloa, senón por toda a boa xente que houbo, incluso no franquismo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES