Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sobre un acto de estado

martes, 28 de julio de 2020
Quere arder o mundo pero non arde. Como moito arde Ourense. Non obstante, aquí xa estamos acostumados. Aquí apandamos con todo... coa climatoloxía, cos incendios, coa política, coa miseria, coa chulería, coa política outra vez, e outra máis. Maldita política! Son as cinco e vinte da tarde e choven raios de sol sobre aqueles ós que non lles queda outra que andar polas rúas. Tamén é verdade que algúns andan por vicio. Outros Pingas de Orballo: Sobre un acto de estadoescoitamos a banda sonora de “Poltergeist”, do grandioso Jerry Goldsmith. Eu, a maiores, tamén esbardallo sobre o acto de Estado que tivo lugar o outro día no Patio de Artillaría do Palacio Real de Madrid en memoria das vítimas do Covid-19. A ver, non son un desalmado; é máis, a maiores de ser os máis prexudicados (que o pagaron coa propia morte), creo que foron os máis esquecidos nesta pandemia que nos puxo do dereito para o revés. Eu, se esbardallo sobre o acto é, sobre todo, na forma en que se fixo. Alí congregáronse todos os membros do Goberno e os presidentes das principais institucións e de todas as comunidades autónomas. Ou sexa, un gasto enorme. Porque iso arrastra, implica, supón uns traballos e uns gastos impresionantes que se podían empregar moi facilmente en Sanidade para que tal cantidade de mortes non volvera encher as páxinas dos xornais. Esta sería a mellor homenaxe que se lle podía facer ás vítimas e a todo o país. Claro que aquí sempre nos ferveron as ideas nas que podes meter man economicamente. As prevencións e axudas non compensan moito, politicamente falando. Segue a canícula.

Somos un soño imposible
Somos un soño imposible que busca a noite, di Raphael. Seremos. O que si sei seguro é que, agora mesmo, son o silencio nesta tarde que abrasa, que arde. Fun silencio pola mañá. Levo xa en silencio varios días. E iso que por ganas de berrar non queda. Quero berrar ata esgazar a gorxa. Está prohibido. Hai que quedar en silencio. Para non facer ruído.
Somos un soño imposible que busca a eternidade, digo agora eu. Aínda que tamén din Pingas de Orballo: Sobre un acto de estadoque nada hai imposible. Eu mesmo aseguro que a esperanza é o último que se perde. E soño neste silencio que me arrodea, nesta canícula que me queima. Pero aguanto coma os heroes. A min non me vence calquera. Soño neste silencio que se interrompe cunha estraña canción de rap á que, por suposto, non lle presto atención. Porque teño outras cousas polas que soñar.
Somos un soño imposible que busca o pasado, sigo dicindo eu. Porque é o que me queda. Pois o futuro véxoo moi negro. Hai silencio no presente. Houbo ruído no pasado. Pero volverá haber silencio no futuro. Como dicía aquel: moito ruído e poucas noces. Non obstante, intentarei berrar por entre os piñeiros dos Castros e baixo unha batuta que dirixirá os meus sentimentos. Porque eu tamén teño principios de soñar sen facer ruído, ou de soñar en silencio para que todo se volva rebumbio, algarada, barullo. Agora que cada quen opine o que lle pete. A liberdade está en soñar esperto; ou quizais sexa mellor dicir que soñando esperto tes toda a liberdade do mundo. Que quizais sexa verdade que somos un soño imposible.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES