Aprenderemos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de julio de 2020
Hai un refrán galego que di:
Está a vella morrendo e está aprendendo
Do que se conclúe que podemos e debemos aprender toda a vida sempre e cando conservemos en bo estado as facultades mentais.
A aprendizaxe é un proceso máis ou menos rápido dependendo dunha serie de factores como poden ser: a capacidade intelectual de cadaquén ou a importancia que se se lle dá ó que se pretende aprender, etc, etc
Pois ben: para aprender temos que formular unhas preguntas relativas a aquelo que desexamos aprender.
O CASO QUE MÁIS NOS PREOCUPA E NOS OCUPA NA ACTUALIDADE A NIVEL MUNDIAL É A PRESENZA DO VIRUS MÁIS FAMOSO DOS ÚLTIMOS TEMPOS.
-Certo que o coronavirus obrigou a confinar unha boa parte da poboación mundial.
-Certo que baixaron os niveis de contaminación ambiental, tamén a nivel mundial.
-Certo que apareceron peixes onde facía tempo non se vían porque o ser humano invadira o seu hábitat natural.
-Certo que vimos golfiños en lugares que nunca os nosos ollos tiveran visto.
-Certo que apareceron animais salvaxes polas ciudades e algúns por campus universitarios
-Certo que baixou o prezo do petróleo porque non había demanda.
-Certo que moitas empresas tiveron que pechar. Teño entendido que unha nove mil en toda España.
-Certo que moito personal laboral sufriu os efectos dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego.
Tamén é certo que van ter que declarar a facenda no IRPF o ano entrante.
-Certo que outro colectivo de traballadores se foi ó paro.
-Certo que en España un colectivo de persoas recibiron unha axuda mínima para subsistir.
(Sería mellor que lles asignaran un traballo social para evitar economía sumerxida e quen uns vivan á conta dos outros).
-Certo que moitos colectivos traballaron desde a casa grazas a Internet.
-Certo que o alumnado recibíu clases a distancia grazas ós programas educativos teledirixidos.
-Certo que cambiou a vida familiar: por unha banda máis comunicación e por outra, máis violencia aínda.
-Certo que non nos faltaron alimentos nin medicinas, nin periódicos e outras necesidades básicas.
-Certo que moitas persoas tiveron que estár ó pé do canón expoñendo a súa saúde e incluso a súa vida para servir ó resto.
-Certo que o colectivo máis valorado neste momento é o personal sanitario porque é o único capacitado para poñer remedio, na media do posible, ás nosas doenzas.
-Certo que moitas persoas (aínda non se sabe moi ben cantas) perderon a vida ante o envite da pandemia.
-Certo que a economía deu un baixón enorme que deixará hipotecada en boa medida á xeración seguinte.
-Certo que
¿QUE MÁIS TEN QUE PASAR PARA QUE APRENDAMOS?
¿CAL É O LADO POSITIVO DE TODO ESTO?
Algo de bo sacamos desta situación:
-SOMOS MOI VULNERABLES:
A nosa vida pode dar un volco en calquera momento.
Así que: menos soberbia e máis humildade.
-NON SOMOS OS AMOS DO MUNDO:
Somos os administradores durante un prazo moi reducido do tempo que pasamos por esta vida.
Por encima de nós está a SABEDORÍA DIVINA, que últimamente temos moi ignorada, e sen ela non somos nada; porque NELA VIVIMOS, NELA NOS MOVEMOS E NELA EXISTIMOS.
O que o pense menos, está moi enganado.
-SOMOS OS RESPONSABLES DA NOSA LIBERDADE DE MOVEMENTOS:
Se non respectamos as leis da naturaza, é a natureza a que nos fai frear en seco.
-SOMOS TODOS INTERDEPENDENTES:
¿Qué comeríamos se non houbera labregos?
¿De que viviría a industria se non houbera quen sacara a materia prima da terra, do mar ou do aire?
¿Habería médicos, enfermeiros, abogados, enxeñeiros
se non houbera Mestres de escola?
-TODOS SOMOS POBOACIÓN DE RISCO:
O labrego pode morrer debaixo dun tractor; o médico, nun quirófano; o farmacéutico, detrás dun mostrador; o mineiro, na mina; o mariñeiro, no mar; o tendeiro, despachando; calquera nun accidente laboral ou de tráfico; etc, etc, etc
TODOS NOS NECESITAMOS:
Os ricos dos pobres e os pobres dos ricos.
Os sabios dos ignorantes e os ingorantes dos sabios.
As criaturiñas dos adultos e os adultos das criaturas para a prolongación da especie.
A min paréceme que de todo esto sacaremos algunhas conclusións que redundarán en beneficio de todos.
SACAREMOS CONCLUSIÓNS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora