Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A cara oculta da Lúa

sábado, 25 de julio de 2020
Aínda non é de noite, pero xa estou imaxinando como contemplar a lúa vella para chiscarlle o ollo esquerdo. Aínda son as catro da tarde e hai un sol de carallo, pero non hai quen me quite da cabeza a esa lúa arrodeada por brillantes estrelas e por algunha Pingas de Orballo: A cara oculta da Lúaque outra nube negra. Ganas me dan de vestir unha vez máis o traxe de astronauta e viaxar ata o infinito e máis alá. Porque a felicidade consiste niso, en amar ata o infinito e máis alá. Ou en querer, tamén pode ser. Se me visto de astronauta vou a piñón fixo ata a cara oculta da lúa. Outros chámanlle a cara escura. Alí sei eu que algo brillará entre tanta escuridade. Algo factible, algo que noto, algo que desexo. E todo desexo cando se anhela, cando se ansía intensamente, adoita cumprirse. Eu desexo bailar e furgar sobre a cara oculta da lúa para alcanzar a felicidade completa.
Aínda non é de noite, pero xa a vexo toda grande, fermosa, sorríndome e chiscándome o ollo esquerdo. Sento nun penedo de Barricobos e soño coa negra sombra de Rosalía e sei que esta algo ten que ver coa cara oculta da lúa. A negra sombra dun firmamento pola que deixo flotar todos os meus sentimentos, que son moitos, e fortes, e intensos. Cada un é como é, polo que non me importa vestirme de astronauta con tal de montar sobre a felicidade dun verso, do seu verso. Hai amores que enchen todo un libro de poemas. Outra cousa é que alguén non os saiba ler. É igual; paso a recitalos á cara oculta da lúa. Algunha nave espacial recollerá nas súas ondas un canto á felicidade eterna.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES