Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (9)

jueves, 27 de agosto de 2020
2.8. Os San Andresiños. Santuario do San Andrés de Teixido en Cedeira, A Coruña (Diócese de Mondoñedo).
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (9)
Trátase de exvotos, que se ofrecen ó apóstolo San André no altar do Santuario para que conceda algo. Están realizados polas mulleres de Teixido con miga de pan e pintados en vivas cores. Teñen unha variedade de formas, relacionadas coa vida do Santo, mais cada unha está provista da súa pecualiaridade.

Na actualidade adoitan facer alusión a 8 figuras:
* A Flor. É a guía no amor.
* A Mao. Para pedir polo amor, as boas compañías e a amizade.
* O Peixe. Para pedir polo traballo e o sustento.
* A Barca. Para pedir polas viaxes, a casa e os negocios.
* O Pensamento. Para pedir polos estudios, e previr envexas e maleficios.
* A Cruz do S. André . A escaleira para chegar ó paraíso.
* O Santo. Pola saúde física, mental e a boa convivencia.
* A Pomba. Símbolo da paz.
Estas figuras están consideradas como amuletos, como símbolos protectores.

2.9. Os ramos de flores

Trátase dunha ofrenda moi peculiar en case todos os santuarios. O día ou días da conmemoración festiva da advocación mariana, do Cristo, Ecce Homo, ou Santo correspondente, a comunidade onde se ubica o santuario ornamenta o altar e a imaxe específica de veneración con flores. Ademaís hai devotas, que realizan esta ofrenda preferentemente a algunha advocación mariana, para que as protexa en certos eventos da súa vida: casamento, ter fillos sans. Asi mesmo nalgúns santuarios, como o da Nosa Señora de Montserrat (Monforte de Lemos) é unha ofrenda moi específica para os devotos da comarca do Val de Lemos, xa que todos os anos se fai na esplanada do recinto sacro un gran manto da Virxe con ramos de flores.

Por outra banda, na actualidade segue sendo un ofrecemento moi común -aínda que non exclusivo- que adoita poñerse no lugar no que ocorreu unha traxedia, provocada por un accidente; asesinato; atentado. De aí que ese espazo se convirta en algo sacro mentres a lembranza dese acto funesto sega presente.
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (9)
8. Dimensión profana do Santuario

Antano o festexo profano, reflectido na música e no baile, estaba amenizado pola banda de música de Santa Marta ata que esta foise desintegrando. Logo, tal labor recaeu na banda de música de Riotorto. Tanto unha coma a outra xantaban na "Casa de Xoana" e, denantes de ir para o campo da festa, tocabanlle ás cociñeiras, dúas pezas musicais. Na actualidade, esta tarefa é encomendada a unha orquestra ou grupo musical.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES