Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O pirata imberbe

viernes, 24 de julio de 2020
Que vou. Que veño. E que me quedo quieto. As dúbidas ás veces matan ou cansan ou funden ou fartan. Case era mellor ser aquel que non quero ser. Para escapar da rutina diaria. Para pensar mal e acertar. Aínda que na realidade son o que está aquí sempre; ó pé do canón. Amando. Pensando. Soñando. Correndo. Berrando. Falando. Pingas de Orballo: O pirata imberbeRindo. Escribindo. Soñando outra vez. Porque soñar esperto é bonito. Nin vou. Nin veño. Estou quieto. Contemplo a lúa vella e penso que é ela. Quen? A lúa vella, esa que me sorrí e me chisca o ollo esquerdo. Contemplo unha nube branca e creo que é Perla Negra. Quen? A Perla Negra, esa que navega polas veas da miña ansiedade. Por ela son o pirata imberbe que afoga nun simple salouco. Non obstante, non recuarei ante as adversidades ou infortunios que asoman cando a marea está brava ou o mar picado. Subireime á filharmónica de Charles Bronson para me envorcallar polas terras salvaxes e secas do Oeste americano. Quero ir. Quero vir. Pero non me movo. Sigo parado nesta quietude que me mata, neste silencio que me envolve e nesta soidade que rabuña nos meus pensamentos. Algún día todos os espellos reflectirán a beleza feita carne, e a súa luz cegará o verso que se escribiu por todo un sentimento. Ata que chegue a súa hora, é a sentenza que escoito logo de asubiar sobre a filharmónica de Charles Bronson. Aquí paz e despois gloria. Iso pensaba eu ata que souben que nin ía nin viña, simplemente que me quedara quieto, en silencio e esperando o momento, un momento, o meu momento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES