Carreteiros BIC
Santalla, Iago - miércoles, 22 de julio de 2020
As leis de patrimonio cultural e histórico-artístico tanto autonómicas como nacionais propoñen distintas tipoloxías de patrimonio e definen niveis de protección segundo a importancia e a singularidade do que se pretende protexer. A máxima figura de protección é o ben de interese cultural (BIC) que foi utilizado, por exemplo, para o proceso de recuperación de Meirás.
Vendo o que aconteceu en distintos lugares de Galicia durante a xornada electoral, pregúntome se habería que declarar BIC a figura do carreteiro xa que semella que é imprescindible na cultura democrática galega, que parece reacia a evolucionar. Non entendo a necesidade de ver xornada tras xornada electoral esta imaxe anacrónica. Creo que deberíamos idear sistemas que nos aseguren que cada persoa con dereito ao voto o exerce en conciencia; pero, mentres isto non ocorre, tampouco entendo que existindo o voto por correo se permitan este descaro e este anacronismo que dá unha imaxe patética do país.
Evolucionar tamén require humanismo asegurando a liberdade de conciencia ata o último fío da mesma e evitando imaxes que moitas veces resultan inhumanas e moralmente cuestionables.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora