Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O erro

jueves, 23 de julio de 2020
Saladino Eral Purico carga coa cruz e nota que lle pesa moito máis que unha lousa. El sabe que os erros páganse. Leu o que leu e o calvario asomou á súa vida. Saladino Eral pensa que sabe ler. Aprendeu indo coas vacas para o monte e ás agachadas debaixo dunhas sabas brancas. Saladino é o fillo da Galiñeira e do Tractor. Un día déuselle por querer e quixo tanto que agora está a pagar con lágrimas a perda da súa inocencia. Pingas de Orballo: O erroSenta á sombra dun amieiro e queda coa ollada fixa na auga do río Arnoia. Cingue as pernas de tal maneira que lle doen os abrazos pola intensidade, pola forza do abrazo. O fillo da Galiñeira salouca. O fillo do Tractor suspira. Saladino Eral Purico ergue e berra. Berra ata esgazar a gorxa. Berra para si. Porque sabe que o erro foi seu. Soubo desde un principio o que podía acontecer. E aconteceu. Agora non lle queda outra que penar. E carga coa cruz ás costas, que lle pesa moito máis que unha laxe. Bota a correr polos carreiros da Parrumeira. E segue berrando. Porque por aí, co ruído da presa da Porfía, o seu berro pensa que sairá esmorecido, que non se oirá ó outro lado do río. Mais a súa carraxe esgaza de tal forma o aire, o espazo que o seu berro óese moito máis alá das Pedradarcas. O erro que cometeu el é coma ese espeto que penetra pouco a pouco pero constante nas entrañas ata que lle rebenta a alma. Cando chega ó Río Vello déixase caer sobre a herba dun lameiro. Agarra a cabeza. Refrega a cabeza. Ó pouco rompe o instante da tarde cun berro que esnaquiza á propia lousa que lle pesa. Pouco a pouco déixase morrer amodiño e en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES