Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convirtamos as bágoas en perlas (9)

martes, 01 de septiembre de 2020
A relixión no campo. En canto á Misa, á Eucaristía: Non é igual dárlle-la paz aos descoñecidos que aos veciños. Lembremos ao Galán de Omaña:
“Pa Misa diba un galán – caminito de la iglesia;
no diba por ir a Misa – ni para estar atento a ella,
que diba por ver las damas – las que van guapas y frescas.
...

¡Iso só pasaba, ou pasa, nos núcleos grandes, nas cidades, pois nas parroquias das nosas aldeíñas as “mozas”, as damas, fosen guapas ou feas, xa estaban vistas, coñecidas de antemán, de cada día! O único que nos distraía, o único que podía descentrarnos, era verlle as costas ao crego, durante toda a celebración, que máis ben parecía que a facía para el só, e os fregueses, de intrusos. ¡Grazas, Vaticano II; por iso, tamén por iso, que nos recoñeciches como Igrexa!

Temos outra atención, outra concentración, cando estamos rodeados de veciños, bos ou malos, escribas ou fariseos, pero, coñecidos, de porta con porta. Se lles damos a paz é de verdade, non un simple protocolo.

Certo é que de cando en vez grallaba algún corvo, tamén chamados blasfemos; ¡meus pobres, que supoño que ben loitarían para desfacerse da súa ignorancia e da posesión diabólica, pero, cos anos, ían limpándose, e despois rezaban sos, así fose polos camiños!
Na aldea, se vas andando, a cada paso amplías, dominas, un novo horizonte. ¿Para que serve iso? ¡Obviamente para decatarnos de que Deus é infinito, de que a súa Creación é infinita, infinita e preciosa, que nola pon ao noso dispor con tal de querer avanzar, con tal de estimala! Nas cidades, canto vemos, canto nos rodea, o noso horizonte, son edificacións feitas pola man do home; por ende, infinitamente inferiores, en tódolos aspectos, ás obras do Gran Arquitecto, como lle chaman os masóns.

Estás alindando nas vacas, véndoas pacer, e danche ganas de encomendarte a Deus, de agradecerlle que a súa herba, de comida, volve a medrar; na cidade, de feitas as casas, o futuro delas é caerse, por un terremoto, por un bombardeo, ou de vellas. A obra do home é finita, microscópica, incluídos os rañaceos. Obramos por delegación; con poderes recibidos, e por tanto, limitados.

¿E as árbores? ¡Alza os corazóns ao Ceo velas medrar, velas subir, sempre para arriba, en dirección ao ceo, a ese ceo que está no camiño do Ceo, do Ceo grande, do infinito. Se ben nos fixamos, decatarémonos de que a vexetación son os anxos da terra, sempre tirando, subindo, medrando en gratitude, agradecéndolle a Deus que puxese a terra á súa disposición.
Convirtamos as bágoas en perlas (9)
De ben mirado, de ben pensado, dan ganas de chorar polo desagradecida que é, e que sempre foi, a Humanidade, desde aquilo do pecado orixinal. ¡Así nos foi que perdemos o Xardín, o Grande, o do Paraíso, e menos mal que Deus nos deixou estes sucedáneos, estas verduras do noso país!

¿Aldea versus clausura? Na clausura, na soidade da clausura, o diabro sempre pode soprarlles aos aburridos, mentres que na aldea, salvo aqueles catro ignaros, o resto tiña moito ceo ao redor como para abaixarse á bosta!
-.-

A contaminación das feiras. Aquilo si que era grave pois viñan os tratantes, as piteiras, os xateiros, os tendeiros...; lembremos que Xesús só lles zurrou aos tendeiros..., pero, á forza de aplicar picardías, algo aprendemos deles, en algo chegamos a imitalos!

As feiras eran, e son, un aquelarre; diúrno, iso si:
-A tentación de ir era moi forte.
-E a decepción por recibir tan pouco a cambio de tanto esforzo produtivo, grandísima.
-Os tratantes, diabólicos; ¡todos do mesmo partido, do mesmo sindicato, subindo os prezos das súas ventas, e baixando os das súas compras. ¡Ese gremio dos intermediarios, que sempre foi diabólico!
-Un divorcio, lamentable, doloroso, que se producía nas datas de maior namoramento: cando mellor e máis lustrosas estaban as nosas reses, cando máis tempo levabamos con elas, encariñados con elas, ¡adeus para sempre, froito dos nosos agarimos!
-Unha tentación, unha avaricia: Aqueles tendeiros traíannos cousas cadora máis apetecibles, máis tentadoras..., e menos alcanzables!
-As rapazas ían mellor vestidas, mellor afeitadas (afeites = adornos e perfumes), así que os rapaces mal podíamos acollernos ao refrán que nos aconsellaba: “Cando queiras escoller, búscaa na cocina, vestida de cada día”.

¡Ai feiras, feiras, que, lembrándome, tamén dan ganas de chorar, pero... moito aprendín, nelas, e delas; para iso, antes de estudiar Comercio, repito e constato!
-.-

Festas con merenda. Típica a do San Cosme, de Gondel; houbese ou non orquestra, a ceguiña sempre estaba, e sempre actuaba, co seu violín en ristre.

Agora hai banquetes, e non só de tortilla, queixo e viño, pero aquelas merendas, campestres, rupestres, eran..., máis fraternas!

A prosperidade e mailas comodidades non sempre conducen a melloras satisfactorias. Asturias cultivouno moito, e Galicia tamén, aínda que algo menos: iso de levar das casas Convirtamos as bágoas en perlas (9)a merenda de campo e papala familiarmente, amigablemente, nos lugares de festa e/ou de recreo. Agora non cargamos coa cesta, nin no cabalo nin no auto, que para algo están eses chigres-restaurantes ambulantes, pero non é igual; a tortilla, ou a empanada, saben mellor elaboradas e levadas da casa!

Para comezar, esa participación familiar nos preparativos, no subseguinte transporte, vinculaba, fomentaba a relación participativa, e despois, que ampliaba a relación, mentres que o de tirar de carteira e paga-la consumición é limitativo, restritivo, co engado de que presta mellor a comida en círculo íntimo que nun recinto feiral, ruidoso e masificado.

Canta máis xente temos ao redor menos somos nós, xa que nos falla a comunicación, a intimidade, a satisfacción íntima de querer e ser queridos polas persoas que participan nos nosos goces persoais.
-.-

Os que nos precederon na viaxe eterna: aquí, amigos; e desde aló, avogados.

¿Perdémolos? ¡Non, gañámolos, así que, mellores perlas, imposible! Claro que sempre nos queda a dúbida, o temor, o desasosego de se pasarían con éxito a reválida de San Pedro; e para iso, rezamos, pois, como cremos na Comuñón dos Santos, o que a uns lles sobre, a outros aproveitará! Nestes casos de vida exemplar, probada, demostrada, poucas dúbidas caben, así que, en vez de rezar “por”, igual o estamos facendo “a”! Ante a dúbida, chorar, que é moi san chorar polos santos, pois, aínda que non o precisen, seguro é que nolo agradecerán. Tamén é agradecemento ofrendar por aqueles aos que debemos exemplaridade, aos que pasaron pola terra facendo cousas boas, loitando no exército de Deus. ¿E aos que estiveron de parte de Satanás, que? ¡Para eses, confiar na infinita bondade da Santísima Trindade!

Os loitos, os externos, duraban un ano, desde o funeral ao cabodano; ¡os internos duraban, e duran, toda unha vida! Ata quitar o brazalete mouro, nin festas nin casamentos; ¡canta economía! E de cantar na igrexa, tan só os responsos; pero a miña dona, ¡e ten razón!, quere que os netos lle canten os salmos, que tamén ela o fará dende o Ceo, para loar a Deus, que lle permitiu telos. ¡Aquelas mestras da Normal de Lugo; unhas beatas, que por algo levaban as saias longas!

A propósito: Co bo que é Deus, teño para min que o inferno debe ser pequerrechiño, e o Ceo, infinito. Sendo optimistas, ¿que haberá que facer, unha vez dentro, unha vez admitidos, para contactar, para entrevistarse, cos que foron seres queridos, tantos que tiven, e me precederon!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES