Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voar desde Vigo

jueves, 17 de abril de 2008
Galicia ten tres aeroportos, e máis podería ter se se aproveitaran todas as posibilidades, pero o mercado é o que é ata este momento, se ben o futuro pode escribirse dun xeito novo e mellor.

Nada hai por agora de Rozas, considerado o mellor lugar dotado pola natureza na Terra Chá lucense, para conseguir un aeródromo de pequenos ou medianos voos que enlacen o interior de Galicia con todo o mundo.

Labacolla é o primeiro aeroporto, na capital galega, con pleno rendimento e futuro garantido. Garantido de xeito especial porque hai que depender desta instalación para desplazarse á maior parte dos destinos do mundo.

A Coruña e Vigo foron a remolque, como aeroportos de segunda. O da Coruña, por peores condicións infraestructurais, o de Peinador porque hai catro décadas había que fixarse moito onde un se atopaba para comprobar que alí había un aeroporto.

E de repente, salta a noticia de que en Vigo empeza a funcionar a compañía Clikair con seis viaxes á semana con Londres ó precio de 35 euros, por acordo entre a compañía, o Concello de Vigo e a fundación Pro Vigo.

Velaquí un xeito de facer turismo que rompe moldes posibilitando que todas as economías accedan ás correntes viaxeiras destes tempos e das nosas xentes. Voar desde Vigo será máis doado e obrigará a que á capital do sur de Galicia acudan milleiros de viaxeiros na percura da conexión londinense.

E o bo destas iniciativas é que provocarán novas accións. É unha boa noticia para Vigo e para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES