Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Influencias políticas

martes, 21 de julio de 2020
Erguín á media mañá e logo de facer a cama e de almorzar un plátano con pan, marchei para A Valenzá para o meu ritual diario: cafés, periódicos e se hai que mercar pan, merco pan. Co primeiro café lin, por suposto, o primeiro xornal, xusto este que tedes nas mans. Axiña me atopei cunha noticia desas curtiñas, desas que asoman varias na mesma columna, desas que case significa que a xente nos lles dá importancia por iso, porque ó ser pequenas será porque non son transcendentais. Para algúns, claro. Ou para a maioría. A min, unha, recoñezo que me fixo subir un chisco a carraxe. Ás veces levo moi mal que se metan comigo.
É que un tal Javier Maroto, que seica é o portavoz do grupo popular no Senado, venme dicir a min que me deixei influenciar por Pedro Sánchez, que agora mesmo é o presidente do Goberno, por votar ó partido nacionalista BNG, que comanda Ana Pontón. Ese portavoz, que se ve que porta a voz ás baroutas, á lixeira, tamén acusa a Sánchez de facerlle “a campaña gratis” ós nacionalistas. Coma se eu necesitara campaña algunha para saber a quen botar. Coma se eu precisara de que alguén de máis alá do Padornelo me aconsellase por quen optar.
Ben certo é de que algúns estamos neste mundo porque alguén nos deixou aquí. E a uns poucos destes algúns nos lles importa botar a lingua a pacer. Ó mellor ata pensan que teñen sorte e lles facemos caso. Menos mal que o romanticismo musical de don Ennio Morricone en “Érase unha vez en América” me calma a carraxe. Que teña bo día, señor Maroto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania