Seremos capaces
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de julio de 2020
Que as nosas vidas cambiaron coa chegada do coronavirus, penso que xa o temos todos -ou case todos- moi claro.
Que desexamos que ese virus desapareza canto antes das nosas vidas; neso tamén estaremos de acordo.
Aínda que seguramente- alguén estará sacando partido desto
(Pode que sexa un mal pensamento meu)
Xa se sabe:
Nunca chove a gusto de todos
O que si é ben certo é todos teremos que facer fronte a esta situación da mellor maneira posible.
TODOS, ABSOLUTAMENTE TODOS, NOS VEMOS AFECTADOS POR ESTA SITUACIÓN:
O uso das máscaras ten a ventaxa de evitar contaxios; sempre e cando as levemos ben colocadas e cando usemos as adecuadas.
É unha das medidas medidas necesarias.
Outra medida é o uso dos xeles hidroalcólicos, que xa está afectando á pel dalgunhas persoas co seu uso continuado.
O lavado de mans penso que non ten demasiados inconvintes a non ser que se convirta nunha obsesión.
E TODO ESTO TAMÉN LEVA CONSIGO O SEU COSTE ECONÓMICO.
A economía vai parella coa vida e, nestes momentos, non parece que o seu estado de saúde sexa o óptimo.
PERO QUIZAIS O MAIOR DOS INCONVINTES É TER QUE GARDAR A DISTANCIA FÍSICA
-Que non poidas aproximarte á unha persoa estimada para contarlle un segredo á orella, ou que non poidas darlle un bico, naquel momento que tanto o nececesitas
.
-Que cando te encontras con alguén querido que facía tempo non o vías e tés unhas ganas locas de darlle unha aperta, e non poidas facelo
-Que os crentes non poidamos darnos a paz na celebración da Eucaristía, como viñamos facendo habitualmente
-Que non se poida disfrutar do SORRISO do teu interlocutor porque non lle podes ver a cara enteira
-Que non se poidan facer cousas tan fermosas, tan garimosas e tan gratificantes como viñemos facendo todoa a vida
A VERDADE É QUE É UN POUCO CHOCANTE.
Menos mal que:
Non hai mal que cen anos dure
CONSERVAMOS A ESPERANZA DE QUE MÁIS CEDO QUE TARDE POIDAMOS VOLVER A FACER UNHA VIDA NORMAL.
Mentres tanto
Temos que ter moi claras algunhas cousas:
-A VIDA SEGUE
-O TEMPO PASA
-NON PODEMOS QUEDARNOS DE BRAZOS CRUZADOS ESPERANDO ATA QUE PASE A TRONADA, porque esta tronada pode ser máis duradeira do que nos imaxinamos.
-NON PODEMOS SER PRESA DO MEDO E MOITO MENOS DO PÁNICO.
-TEMOS QUE SAÍR DA CASA; quizais menos que antes, pero o que NON PODEMOS FACER É QUEDARNOS ENCERRADOS NA CASA ESPERANDO QUE SE NOS CAIAN AS PAREDES ENCIMA.
-TEMOS QUE CONSERVAR E ACRECENTAR AS NOSAS RELACIÓNS ENTRE AS PERSOAS QUERIDAS.
-TEMOS QUE SEGUIR QUERÉNDONOS MÁIS QUE NUNCA.
-TEMOS QUE DARNOS APERTAS DE CORAZÓN A CORAZÓN, AÍNDA QUE SEXA SEN CONTACTO FÍSICO.
Porque:
-TODOS SEGUIMOS TENDO NECESIDADE DE AMAR E SENTIRNOS AMADOS.
-TODOS SUFRIMOS AS CONSECUENCIAS DESTA SITUACIÓN TAN INCÓMODA.
-TODOS TEMOS QUE CAMBIAR A MANEIRA DE FACER CERTAS COUSAS.
-TODOS TEREMOS QUE APRENDER A REALIZAR AS NOSAS VIDAS DOUTRA MANEIRA.
Pero, como a necesidade agudiza o inxenio:
-SEGURO QUE APRENDEREMOS NOVAS FÓRMULAS.
-SEGURO QUE AS NOVAS FÓRMULAS SERÁN EFICACES.
-SEGURO QUE SEREMOS CAPACES.
-SEGURO QUE APRENDEREMOS MOITO.
-SEGURO QUE DAREMOS A EXPLICACIÓN AXEITADA A ESTA ETAPA DAS NOSAS VIDAS.
-SEGURO QUE TERÁ MOITAS COUSAS POSITIVAS.
APRENDEREMOS
Este será o título do seguinte artigo.
Seguro que vostede sacará o lado positivo de todo esto, porque vostede sabe.
Vostede sabe moito
.
Aínda non sabe ben o que sabe
Por eso lle quedo moi agradecida.
E tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora