Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (20): 'Angustias' (1)

viernes, 28 de agosto de 2020
Cóntanos o dicionario da RAG (Real Academia Galega) que a angustia é unha "sensación de intranquilidade e sufrimento acompañada de alteración física, producida pola A poesía de Avelino Díaz en Debezos (20): 'Angustias' (1)incerteza, a inseguridade, a aprehensión, o medo, etc."(2). Sendo un devezo de Avelino Díaz a volta á terra e a visión corpórea da súa nai para bicala e falarlle, unido isto ao concepto de terra, fan que o autor chegue a este estado cataléptico de angustia pola volta á casa e pola visión das dúas nais, a súa nai natural e a súa nai terra.
O poema está composto por unha décima e catro quintillas.

A DÉCIMA
Construída con versos octosílabos con rima consonántica e clásica, propia dunha décima normalizada e composta por dúas redondillas e dous versos de enlace (abba:ac:cddc), como xa vimos en poemas anteriores. Toda a décima é unha queixa, como é natural tamén nesta estrofa, ou lamento pola distancia entre o poeta e as dúas nais: a de carne e oso, Antonia Díaz, e a nai terra, Galiza. Por iso comeza a estrofa con estes dous conceptos "/Miña terra e miña nai/ estando lonxe de vos/ .../ meu esprito pr-aló vai/ .../con ansias de vos bicar/ e decirvos meu tormento/".

AS QUINTILLAS
A décima está seguida de catro quintillas, tamén feitas con versos octosílabos mais no quinto verso sofre unha forte ruptura con versos tetrasílabos que son como un mazazo ao final da estrofa, como se se producira un trono de non moita intensidade antes da tormenta e que rompe o verso. A rima é igual en todas as quintillas e sería a seguinte: (8a, 8b, 8a, 8a, 4b).

A primeira quintilla está chea de dor pola nai e pola terra, sendo dous versos dedicados á nai e outros dous á terra, e no último aparece o verso roto de catro sílabas como un golpe, para que nos acordemos del e ademais o golpe sempre é sentimental, pois está referido en todos eles a un sentimento:

"¡Ai miña nai benquerida! .................... 8a
¡ai miña nai adourada! ......................... 8b NAI
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
¡Ai miña terra bellida .............................. 8a
que de min és tod-a vida ................... 8b TERRA
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
ben amada" ................................................ 4b RUPTURA
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Na seguinte quintilla prosegue a dor do poeta, mais non tanto como o reflectido na anterior, coa abondosa presenza doutra interxección ou exclamación que denota dor e queixa, estámonos a referir a "ai". Seguindo unha dor case agónica ao pensar que morrerá lonxe da súa crianza.

A terceira quintilla está chea de señardade mais tamén de soños, porque o poeta atópase diante dunha disxuntiva agónica, a de non saber, a de estar pensando se volverá ou non. É de observar que ao longo dos poemas estudados, hai moi pouca presenza da mitoloxía clásica, coido que esta é a segunda vez, e neste caso esta referida a Cronos:
"Fíreme cos seus enconos
unha fonda señardá
i-estou a loitar con Cronos.
¡Ai, quen soupera se os sonos
son verdá!".
A poesía de Avelino Díaz en Debezos (20): 'Angustias' (1)
A cuarta podemos resumila nun desexo, con maiúscula, que rememora o contido da primeira con outros dous versos dedicados, primeiro, á patria e os dous seguintes, á nai, (ao revés que na primeira quintilla), e rematando no quinto verso que fractura o poema e os nosos corazóns.

"¡Miña patria ben amada!
¿cando a verte volverei // TERRA
- -- - - - - - - - - - - - - - - - -
e de ti, nai adourada,
esa frente venerada // NAI
- - - - - - - - - - - - - - - - - - -
bicarei...?" // RUPTURA
- - - - - - - - - - - - - - - - - - -

NOTAS:
1. Opera cit. Páx. 54
2. Dicionario da Real Academia Galega. Fundación Barrié. Dixital
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES