Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (19): 'Nai chorosa' (1)

viernes, 21 de agosto de 2020
En "Nai Chorosa" volvemos a un tema constante no noso autor que é o da emigración. A poesía é autobiográfica xa que Avelino emigra, como sabemos, dúas veces ao longo da A poesía de Avelino Díaz en Debezos (19): 'Nai chorosa' (1)súa vida, sendo a primeira a máis descarnada, en 1910 cando o autor tiña doce aniños, cando o Avelino, coma se fose unha andoriña, colle a ruta de Buenos Aires en compañía dun parente. El mesmo nolo conta (2) "non fixen mais que reaizar unha aición, de obedencia, como se me dixesen que fose sachar as patacas ó leiro ou levar as ovellas ao monte"... "Eu tiña doce anos". Alí, na capital bonaerense permanece seis anos.

A segunda vez que emigra (3) é aos 22 anos, despois de ficar en Meira desde o 1916 ata a 1920 cando volve a coller camiño das américas e desta vez cara a Cuba. Por iso, sabe moi ben cal é a situación da súa nai anguriada pola tristeza. Non chegándolle as bágoas na primeira vez, ten aínda que padecer unha segunda.

A composición volve a ser de cinco cuartetas asonantadas nas que riman os versos pares en asonante, deixándoo de facelo os impares. Atendendo á composición versal, o poema divídese en dúas partes ben precisas:
1ª. Formada por versos octosílabos en rima aguda (en "á").
2ª. Formada por versos hexasílabos en rima aguda (en "óu, ó").

PRIMEIRA PARTE
Na primeira cuarteta desta parte fálanos da súa nai e a tristura que a embarga coa marcha do seu querido fillo:
"¡Ai como se foi meu fillo
pol-os carreiros do mar
e como, triste, quedei n-aldea
o meu delor a chorar".

É o momento da marcha e da tristeza que lle ocasiona a un neno de doce aniños separarse, como á uña da carne, da súa querida nai, da persoa que ama e en quen confía.

A segunda cuarteta, igual cá primeira, ten unha rima aguda en "a" que a fai moito máis dolorosa. Pensemos que a vogal "a" é a máis parecida ao lamento humano, moi cerca da expresión dolorosa "ai". Nesta segunda estrofa o tema e o de evitar a emigración pero é tamén un aviso para os que queren ou pensan que coa emigración se resolven os seus problemas:

"Erguede muros nas praias ...................... 8
pechade as portas do lar ......................... 8 á
pra que non poidan fuxir por elas ....... 10
os que pensan emigrar" ........................... 8 á

Contra esta lacra galega quedan dúas imposibilidades: a de poñerlle muros ás praias e a de pechar as portas da casa, aparecendo, de repente, o verso terceiro con dez sílabas para remarcar a diferenza cos anteriores, todos eles de oito sílabas, si, pero este é especial no contido, "pra que non poidan fuxir por elas" (10 sílabas) "os que pensan emigar" (8 sílabas).

SEGUNDA PARTE
O contido desta segunda parte está determinado por outras tres cuartetas hexasílabas agudas, onde a vogal representativa é "ou" e "o"- Tamén é vogal dunha expresión dunha profunda dolor "¡oh!", que se verá incrementado por un único verso heptasílabo na segunda cuarteta.

Na primeira cuarteta, toda ela hexasílaba, reflíctese o pensamento da nai de que o seu fillo quedouse alén do mar e non volta.
"¡Pr-ó alén dos mares
meu fillo marchou, ................ (óu)
pasaron os anos
e xamais voltou" ................... (óu)

A segunda segue co pensamento da súa nai que sente xa a emigración como unha "perda" que Avelino quere remarcar nun único verso heptasílabo. (Igual que ocorría na primeira parte cun verso decasílabo ao lado dos demais que eran octosílabos). Neste verso quere facer notar a súa visión "i-agora xa non vexo" de sete sílabas. Continuemos

"¡Perdín miña xoia ................. (6)
perdín meu amor .................. (6) .... ó
i-agora xa non vexo ............. (7)
nin lúa nin sol!" ....................... (6) .... ó

Na derradeira cuarteta, e antes do seu comezo, aparece un verso cunha única sílaba "¡Ai!", que representa a dolor desta última cuarteta que nos recorda o poema de Rosalía "unha vez tiven un cravo cravado no corazón":
"¡Ai! ....................................................... (1)
¡Ai como se chantan ............... (6)
no meu corazón ........................ (6) ..... ó
as espiñas feras ........................ (6)
do fero delor" ............................. (6) ..... ó
A poesía de Avelino Díaz en Debezos (19): 'Nai chorosa' (1)
Vemos como o autor cando compón, cando crea, sabe moi ben o que fai. Hai tres momentos nos que non segue as regras:

1º. Cun verso decasílabo: "pra que non poidan fuxir por elas" contrastando a necesidade de que Galicia non emigre.
2º. Cun verso heptasílabo: "i-agora xa non vexo", indicando a ceguedade da persoa que deixa ao seu fillo ao que non volve a ver.
3º. Cun verso monosílabo que representa a dor tan continuada do noso ser "¡Ai".

NOTAS:
1. Opera Cit. Páxs.52-53.
2. "Eu tiña doce anos" Alborada. Nº 125, VII-XII-1944, páx, 8, recollido de FREIRE FREIRE, Marivel.
3. FREIRE FREIRE, Marivel.- Avelino Díaz: Unha voz comprometida na Galicia emigrante. Edita Brigadas en defensa do Patrimonio Chairego, Lugo, 2002. Pax.12.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES