Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (17): 'Pastorela' (1)

viernes, 07 de agosto de 2020
A Pastorela é un subxénero da lírica Medieval moi cultivado en Francia e na Provenza. Consiste nunha composición amorosa que alude ao encontro dun cabaleiro cunha A poesía de Avelino Díaz en Debezos (17): 'Pastorela' (1)pastota. O fundamental da peza é o diálogo amoroso nunha paisaxe idílica e bucólica, comezando o diálogo o cabaleiro ao que segue a resposta da pastora que pode vencelo no diálogo, aceptalo ou ser rescatada por outros pastores. Representa as posibilidades do amor entre un nobre e unha vilá, polo que está fóra do amor cortés. No ámbito galego-portugués consérvanse oito textos que adoptaron elementos da cantiga de amor ou da de amigo, dando lugar a unha forma híbrida (2). Cultiváronse en Occitania, Cataluña e Galicia. En España son famosas un tipo de pastorela, as chamadas "Serranillas", que exercitaron, entre outros, o Arcipreste de Hita e o Marqués de Santillana. A Avelino Díaz, pensamos que lle puideron chegar a través de México, pois este xénero desde o século XVI está alí moi arraigado por ser de asunto relixioso.

A Pastorela de Avelino tamén é amorosa, mais aquí non hai pastora, sendo esta substitída polo mar e a serra pero sempre vista desde un corazón campesiño como o do autor. O poema vén a ser a situación de Avelino, un campesiño emigrante que foi camiño do mar, mais esperando sempre un temporal o seu corazón foxe da súa beira para volver a acadar a serra, pensamos que de Meira. Os dous conceptos de "serra" e de "mar" son tamén unha sinécdoque que representa "á parte polo todo"; é dicir:
- Serra equivale a Galicia (Patria) (Retorno-Meira-Travesa)
- Mar representa a Arxentina (Emigración)

É, polo tanto, esta pastorela, o amor dun campesiño, Avelino, neste caso, pola súa terra, é aínda que tivo que escoller, non o camiño que o levaba á serra (Meira), senón o do mar (Arxentina, Cuba), no seu corazón sempre aparece unha ilusión: a de volver á súa terra como un devezo inalcanzábel.

O poema segue a mesma estrutura doutro que xa vimos, chamado "Que mundo", onde o comezo e o final está formado por cuartetas asonantadas que dan o empezo e o peche á composición, aparecendo no medio tres octavillas coa rima xa vista no poema do que falamos anteriormente (-a-a-a-a).

Esta pastorela vén a ser un poema autobiográfico que non nos dá datos nin datas esperadas, senón que é un poema que nos fala dos seus sentimentos, do seu corazón encarcerado por dúas pastoras: a da serra e a do mar. Diante delas vaise descubrindo o cabaleiro campesiño ao que non lle queda outra menciña que escoller a rota do mar, e como antídoto a esa menciña, acordarse que é a serra a que soluciona o problema porque nela estará libre de enfermidade, polo tanto sen menciña para poder soportar a emigración tan brutal dun poeta que vai para América sendo aínda un rapaz.

Hai unha gradación temática en toda a composición que se desenvolve nunha oposición "Serra/Mar" e así o fai xa desde o comezo:
"Meu corazón campesino
foise camiño do mar;
quería ser mariñeiro
e non sabía remar".

A seguinte octavilla está partida porque catro versos están referidos á serra e outros catro ao mar, mais as dúas seguintes están todas elas (16 versos) referidas ao mar, á emigración. Vexamos a segunda por ser a que ten máis figuras literarias e por ser onde se reflicte mellor a súa alma:
"Viñeron ventos aleives,
fero ergueuse o temporal,
bateron na miña dorna
as marolas i-os orzáns,
Coas ilusiós afogadas
i-ós anceios a finar
meu corazón delorido
fuxiu da veira do mar".
A poesía de Avelino Díaz en Debezos (17): 'Pastorela' (1)
Fíxense no significado negativo da maior parte das palabras: "ventos aleives, fero temporal, bateron marolas, orzáns, ilusiós afogadas, finar, corazón delorido, fuxiu etc...". Estas verbas tan adversas e daniñas dan conta da situación en que Avelino e o resto dos emigrantes se atopaban, aínda que tivesen unha vida adecuada, como era o caso. Estas verbas negativas, nada teñen que ver nin son comparábeis ás da última octavilla e ao seu léxico: "fogar, deleitoso, sosego e paz, sandar, leda craridá, etc...", que vemos a continuación:

"Ferido i-amargurado
volver ao vello fogar
que denantes, deleitoso,
lle dera sosego e paz.
O maino vento da serra
súas dores fixo sandar
i-o sol en tépedos raios
deulle leda craridá".

Considerando S=Serra, M=Mar, a progresión temática da Pastorela sería a seguinte no desenvolvemento das estrofas:

- Primeira estrofa.=S.M
- Segunda Estrofa.=S.M
- Terceira Estrofa.=M
- Cuarta Estrofa.=M
- Quinta Estrofa.=S
- Sexta Estrofa.=S

Remata a Pastorela coa cuarteta asonantada referida á serra, mentres a primeira mesturaba a serra e o mar.
"Reviviu meu corazón
e deuse a filosofar:
mellor ser aquí pastor
qu-en terra allea reinar".

Inclinándose claramente por vivir en Galicia, na Serra, é dicir, en Meira ou na Travesa, porque é mellor ser aquí un pobre pastor ca converterse en rei alén do mar.

NOTAS:
1.- Opera Cit.- Páxs. 49-50.
2.- Galipedia. Wikipedia.- Pastorela.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES