Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Baixo un sol de xustiza

viernes, 17 de julio de 2020
Pingas de Orballo: Baixo un sol de xustiza Quenta pero non queima. Ou si. É igual; a min nada me mete medo. Así é que collo o libro, plántome na estrada que vai de Baños de Molgas a Os Milagres, e empezo coa lectura; andando. Baixo un sol de xustiza. É igual. Asento unha gorra na cabeza, quítome de camisa e emprendo o camiño. Un paso detrás de outro. Amodiño, devagar; porque vou lendo. Sen música. Para concentrarme ben. Aínda que, por veces, o pensamento vaise polos cerros de Úbeda. Claro que, de cando en vez, eu mesmo me digo que é bo deixar que a mente se espalle ás veces, que se esparexa. No alto da Pitediña noto a música celestial do correr das augas do río Arnoia e o ruxerruxe da presa da Porfía. Amoso un leve sorriso porque me estou desviando da lectura, da concentración. Na ponte das Cabras ou ponte do Medo asomo á varanda da esquerda para divisar algunha troita; e nada de nada. Xa hai moitos anos que non hai as que había. Unha pena. Ver a súa elegancia nas augas era algo que me fascinaba. Cando chego á altura de Detrás das Poulas xa sei que a lectura non vai como debería; os pensamentos xa pasaron moito máis alá de Úbeda. Porque hai pensamentos ou sentimentos que xa non te deixan nunca. Non obstante, sigo pasando as páxinas por se pillo o ritmo outra vez. Vai ser que non. Así é que pecho o libro e deixo xa que os recordos afloren ou manen a cachón mentres subo polo monte Medo. Chego a Os Milagres, sento na explanada do santuario e contemplo este ó mesmo tempo que os sentimentos se expanden, se estenden polo recinto enteiro. Miro ó ceo e deixo que me envolva o silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES