Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mestre Lugilde

jueves, 17 de abril de 2008
Na historia entrañable dos pobos vai quedando o ronsel dunha serie de persoas que por diversas razóns perdura a súa memoria ata que, inexorablemente, acaba por esmorecer.

O mestre Lugilde albergaba na súa figura miúda unha gran calidade humana e unha manifesta vocación polo ensino ó que dedicaba tódolos esforzos e contínua atención. Foi un adiantado ás novas técnicas pedagóxicas, a través da plástica e das actividades extra-escolares, os labores en equipo, etc... Na súa escola realizábanse traballos manuais, aprendíase música e o dominio de instrumentos musicais: guitarras, bandurrias, laúdes… e ensaiábanse a coro cancións, especialmente do folclore galego.

A aula da escola aloxaba un pequeno museo natural a onde ían dar ósos de animáis, prantas, pedras e demais, das que os alumnos recibían as ensinanzas pertinentes. Moi afeccionado á pintura, facía copias de grandes artistas: Velázquez, O Greco, Murillo…

Varias obras de teatro dirixidas por él, e algunhas tamén escritas, como “De vello gaiteiro”, foron representadas, non só en Foz, senon en diversas localidades.
O ensino tiña unha orientación eminentemente práctica, con vistas ao futuro desempeño dos diversos oficios, que era entón a meta da meirande parte da xente nova: concedía primordial importancia á xeometría, á aritmética, á agrimensura e ó debuxo.

Entusiasta da pesca dende a costa, aprendíalles ós alumnos a utilizar os cebos e o xeito de os manipular, dándolles leccións teóricas sobre a arte de pescar e o seu entorno. Amante da natureza, nos frecuentes paseos polo campo e a beiramar, espertaba nos acompañantes o interese polo medio e a súa conservación.

Cando o Plus Ultra -o hidroavión que en 1926, por primeira vez atravesou o Atlántico sen facer escalas-, naqueles tempos de tan precarios medios de información, os alumnos de Lugilde eran coñecedores de todos os pormenores, e mesmo o profesor artellou unha maqueta do famoso aparato que permeneceo moito tempo pendurada do teito da aula.

O mestre singular finou o 14 de abril de 1948, hai xusto sesenta anos. Nun artículo que publicamos o 5/4/84 pedimos a homenaxe a quen fora ensinante exemplar na nosa vila; así se fixo, e amais doutros actos, o concello, presidido por Pepe Paz, por unanimidade, dedicoulle a que dende entón é a rúa Mestre Lugilde, pretiño de onde él tivera a escola.

Don Manuel Lugilde Penelas (Lugo, 1885- Foz, 1948) era curmán do músico lugués Gustavo Freire Penelas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES