Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Aturar os sentimentos

viernes, 17 de julio de 2020
Teño unha presión no peito... quizais a causa dun suspiro mal lanzado. Si, si, os suspiros tamén os hai que saber lanzar. Non é o mesmo un suspiro de canseira que un suspiro de amor, por exemplo. Ou un suspiro de aburrimento que un de nostalxia. Por Pingas de Orballo: Aturar os sentimentoscerto, xa votei. E votei ben. Votei ós meus. Tamén ó votar suspirei, vaia se suspirei. Porque para chegar a urna hai que subir e subir e subir, que cando chegas os suspiros deixaron de ser xa suspiros para converterse en abafos, en sufocacións. Raio de costa! Queira deus que eses suspiros, abafos e sufocacións valeran para un cambio. Tamén hai suspiros de carraxe. Estes cando se soltan quizais se noten máis na mirada que no propio suspiro. Xa sabedes, e por se non o sabedes, dígovolo eu: que hai miradas que matan; aínda que non caia ninguén fulminado.

Teño unha presión no peito... quizais a causa dun suspiro reprimido. Algunhas veces ou moitas veces temos que reprimir ese salouco para que ninguén se decate desa ansiedade que quere abrollar, agromar, brotar. Certo que, ó non botalo, manca. Manca no peito. Ante esta situación, hai que deixar caer a cabeza nunha almofada e que, o salio, en silencio, caia pingando polo que pode ser e non é. Hai saloucos que padecen insomnio e teñen que buscar unha forma de escape, aínda que manchen a almofada. Despois xa o silencio da noite se encarga de axustar o tempo. Ou, pola contra, facer rexurdir os pesadelos. Que de todo hai neste invento: o de aturar os sentimentos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES