Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Dicía aquel...

miércoles, 15 de julio de 2020
Dicía aquel cantante que cantaba moi ben que o canto á esperanza del era como un asubío meu. Como aquel asubío que lanzaba ó vento desde o alto da Chaira de Baños de Molgas, e que abarcaba ata as Pedradarcas e os Piuales. Dicía aquel periódico que lin unha mañá, unha mañá calquera, que o número de ricos aumentou o 5% no 2019 en Pingas de Orballo: Dicía aquel...España. E pregunto eu: e o número de pobres? Porque eu cada vez estou máis pobre. Certo, xa era pobre. Polo tanto non conto. Pero canto tanto por cento aumentou a pobreza por culpa deste confinamento? Imos ter que preguntarllo a aquel que di que sabe moito, que o sabe todo. Hai xente que sabe de todo, aínda que non entenda de nada. Moita, moita xente. Dicía aquel que soñaba moito, e que soñaba esperto, que a melancolía seica é o pracer de estar triste. Ás veces discrepo disto. Porque eu son melancólico, moi melancólico e, non obstante, énchome de alegría durante dous segundos, por exemplo. Dous segundos, en moitos casos, en moitos asuntos, dan para moito. Certo que tamén poden ser un suspiro. Que se o analizamos profundamente, dous segundos son un puto suspiro. Pero que todo sexa polo ben da comunidade, da alma, da inocencia, da ansiedade, do amor, da espera, do futuro... Non sei se teremos futuro. Temos futuro? Dicía aquel astrónomo que miraba máis alá das estrelas, que o infinito non tiña fin e que moito máis alá había, outro exemplo, un camisón que ofuscaba ou que cegaba o entendemento. Agora digo eu que o que dicía aquel, por veces, non hai quen o entenda. Como neste país cada un di o que lle dá a gana.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES