Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tratando de entender as eleccións

martes, 14 de julio de 2020
Levo case corenta e cinco anos alonxado ou expulsado da Terra, non por vontade propia, senón por falta de traballo. Certo é que puiden regresar xa fai tempo, pero non estaba disposto nin a entrar na rede caciquil que me propuxeron, nin se darían as condicións necesarias para mín para poder desenrolar o meu traballo libremente, sen que recibirá presións dos controladores de turno. Unha visión ou perspectiva realista do que ocurre en Galiza que amosa a distancia.

Enténdase ben a miña posición: cando falo de Galicia nada ten que ver coa súa beleza, nin coa xente común coa que tratamos. A Terra non é culpable disa brétema morriñenta, onde se agochan os caciques, xente cativa e ruín con ínfulas chulescas e con poder desmesurado. Directores da ben compasada e falaz tramoia que, mediante sibilinos fios, manexa a vida dos ciudadáns sen que moitos se decaten de que forman parte dunha trapalleira traxedia de miseria. Teatro no que os e titiriteiros son uns vividores e servis miserentos e que actúan, cada un no seu labor, en distintos estamentos e lugares, controlando todo o que se move en Galiza. Servos de caciques que se agochan nos paraugas da democracia e a lei. Democracia que usan á súa comenencia, e leis, que tanto impoñen como interpretan, sempre levando a auga para o seu tellado ou dos seus amigos. Todo está atado e ben atado nisa rede clientelar e de férreo control do discrepante mediante os sistemas de vixiancia chámense inspectores, delegados de zona ou simples funcionarios.

A Xunta, concebida orixinariamente coma un medio de achega-la administración aos ciudadanáns, trocouse, polo arte dise mamoneo propio dos poderosos, nunha oficina de colocación das xentes do partido e en otro utensilio con facultades casi ilimitadas para arbitrar medidas de toda índole, que sempre se encamiñan ó fin descrito. Tódo-los organismos que controla a Xunta están encamiñados a favorecer os amigos, chámeese Portos, residencias ou calquera outra cousa, e tamén a avasallar e meter medo ou tirar chabolas de pobres. As costas, están cheas de constuccións e concesións, que aínda sendo responsabilidade do Estado, amosan unha realidade incuestionable de abuso señorial na que a Xunta, se fóra para ben, algo tería que dicir.

Os ciudadáns, os que non nos adicamos á política profesional podemos dicir o que pensamos guste ou non a quen o lea, son, na maioría, xentes que nacen con medo e enseñan aos nenos aquelo tan noxento de cala a boca. Saben do perigro que supón ser discrepante, rebello ou simplemente crítico. Sen decatarse, son fillos do negativismo e do escepticismo máis profundo e na súa ialma levan impreso o fatalismo. Perderon mil batallas nas que nunca participaron e o carácter, de seu xa pacífico, foi amansado en gran medida por unha Igrexa, sempre tamén máis amiga do poderoso que de Xesús de Nazaret.

Diste xeito, resulta fácilmente comprens¡ble a súa triste desconfianza sobre calquer tema, por máis que sexa sincero e benefactor. Están afeitos a non pensar moito e, se algún ousa facelo, axiña é alcumado coma tolo ou similares. Non buscan conversacións profundas, e cando alguén trata de insistir nas repostas, poden ser: porque sí, porque sempre foi así, porque mo dixo meu pai… A maioría vive para o “panen e circencis”, é dicir, comilonas, viño e fútbol- se cadra algo de sexo extra-. Mandan ós fillos á escola porque está ben visto, pero polo xeral non teñen grandes esperanzas postas no ensino. De sempre están afeitos ás carencias, así que non reclaman cando non hai médico, nin exigen autobús pola súa zona, nin se preocupan porque pechan as industrias. Só o fan se lles afecta a eles, e non sempre.

Se quedan sen traballo, saben que tamén os veciños emigraron e entón iso da emigración convírtese en algo consustancial ó individuo. Aínda que choren na partida, iso e como beber auga. Os pais vellos afixeron ó escai e escoitar ós netos falando ingrés, mentras os fillos novos, incapaces de vivir na súa Terra cun mínimo de dignidade, renegan da Terra. Teñen razón sobradas, pero non é posible reverti-la situación. O realismo de caciques e a maiorías absolutas triunfales e falaces non están pola labor de cambea-las cousas. Vailles ben así.

Antes falaba da néboa trapalleira que agocha o labor dos caciques en Galiza- Gregorio Montes, o mellor poeta social de Ribadeo, chámalle CACIQUIA- e nisa tesitura cómpre facer a lectura das eleccións. Feijóo, como dí un bo amigo meu, é outro fillo dos cen mil fillos de Manoliño Fraga. Os métodos son os mesmos, as estructuras están aí, prietas as filas, todas as familias identificadas, sen medo a garabanzos mouros, os servos son fillos dos anteriores, os enchufados están aí para colaborar, as promesas valen sempre para repetilas, os obreiros que se busquen a vida como poidan, o pulpo que non falte, as corredoiras unha man de chapapote, o Señor das fotos coas súas labores de comisario político e pequenas dádivas- iso de comisario era antes cousa de roxos- e iso sempre: veña foguetes e bota albariño que ganamos. Vivir para ver e vida miserenta.

Mestre Castelao: de Vox, libéranos Dómine. E, xa postos, di aos españois que o único que fai ben iste señor é privatizar as cousas, colocar e favorecer os amigos, crear isas estructuras clientelares, apoiar a empresas de paraísos fiscais e grandes corporacións para que esquilmen coa súa codicia Galiza. Primeiro paso, Galiza. Despois, agochará o nome que tanto repite, e será España. Ecce “Homo” que tanto medo me da.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES