Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convirtamos as bágoas en perlas (4)

martes, 28 de julio de 2020
As perlas sácanse do mar? No meu rural tamén as había, tamén as tiñamos, que moito aprendemos das nosas penalidades, das nosas miserias, e moitísimo das cousas miúdas.
A cultura da aldea é introspectiva; a da cidade, extrospectiva.

Desvantaxes da extrospección. Ente outras, dáse a posibilidade de que o suxeito, por ser descoñecido, ou menos coñecido, simule as súas manifestacións, séxase, que a súa conduta non sexa espontánea, e que, por conseguinte, nos desoriente.

Daquela as cidades, ¡e sen case estradas!, estaban máis cerca do rural, pois nelas incluso se celebraban feiras. Teño visto galegos en zocas, apeándose do tren..., en Convirtamos as bágoas en perlas (4)Madrid! ¿Cabe unha vinculación meirande?

Hoxe en día nas cidades temos e dispoñemos dun instrumental externo tan expansivo como que xa fai cincuenta anos que chegamos á lúa, PERO A ALDEÍÑA, PARA OS EXERCICIOS ESPIRITUAIS, segue sendo única.

O presente non asegura, non determina, un porvir; ¡seino ben, sabémolo todos se nos paramos a rememorar biografías!

O neno que chora faino porque sinte, porque é consciente das súas carencias, das súas limitacións, das súas apetencias; esa dor, esa impotencia, faralle sacar forzas da súa fraqueza, esforzarse, matarse a traballar, e coa mesma, estudiar, elevando os seus ollos bagoentos ao nivel da súa apetencia, por distante que a teña. ¡Salvo unha minoración física que o imposibilite, será capaz de acadar o ceo coas mans!

O neno feliz, conforme co seu presente, corre o risco de converterse nun pasota, nun bon vivant, que din os franceses. Pode ser de familia rica, pode nacer coroado de loureiros, de influencias, coa fortuna de par súa, ben abrazada, pero..., ¿onde están os seus méritos, os persoais, os propios, os emerxentes, que son os bos, os que nutren a personalidade de cada quen?

A soberbia é outro tipo de bágoas, pero interno; e tamén produce perlas..., cando a sabemos, e a queremos, sublimar, pois daquela elevámonos sobre os nosos quereres.

Disto pouco vexo escrito, ¡có longa que vai a Humanidade!, pero na miña, persoal, experiencia, mamada en dous continentes, ao longo de nove décadas, aprendín que, c´est la vie, ¡así é a vida!
-.-

A sorte de nacer na soidade dunha aldeíña, daquela incomunicada. ¿De verdade? ¿Que ten iso de sorte? ¿Onde está esa perla? Explicareime:

Sete veciños, e con nós, oito, nin case fan unha cabila, ¡pero coñeciámonos, todos, a fondo, cousa que non pasaba, nin pasa, nunha capital de provincia! Neste círculo tan estreito, tan cerrado, sabíase cales veciños eran bos e cales non merecían ser imitados. ¡Ata sabíamos os nomes de tódalas vacas do lugar!

Por saber, meu pai, que era Mestre dos de “a ferrado”, sabía que Berlán era unha fundación sueva; uns alemáns, procedentes de Bergland, (Sölden, nos Alpes Convirtamos as bágoas en perlas (4)Austríacos), que chegaron arreando as súas marelas polo Camiño de Santiago adiante, e desde o alto da Vaccariza, ollaron unhas terras dun verde case mouro: ¡Tate, outro berg land, unha terra de montaña comparable coa nosa, coa de orixe! Achegáronse un pouco máis e daquela dexergaron tres fontes: a Fontiña, a Fonte Grande, e mailo Rego das Pumaregas. Impresionados que estaban co achado, apeáronse dos cabalos, e puxéronse a cortar ramas para erixir as cabanas familiares.

Oito veciños, coma oito facultades:
-Nunha das casas un matrimonio sen fillos, porque xa lles morreran, e aquela señora tanto me mimaba, supoño que recordando aos seus anxos, que dela aprendín o que se lles quere aos fillos, así que o pecado meirande da humanidade, despois daquelas ¿mazás? da Eva, é sementar fillos e non casar, que iso tamén pasou con outro dos veciños. Do marido desta dicíase que gustaba das súas criadas: ¡Dous mundos, dous corazóns, dúas mentalidades, pasando o purgatorio..., en vida!

-Na Casa Grande, e da Casa Grande, aprendín todo, e de todo, pois naquelas ruadas das noites invernías os maiores falaban, tanto e de tantas cousas, que cada noite equivalía a catro conferencias dun Ateneo; ¡non lle chamaban así, pero Ateneo era!
-Na do cubano doutoreime en emigración, e aprendín a manexar ferrocarrís, pois o señor pasara por Cuba, ¡aínda que Cuba non pasara por el, ou pouco! Comezaba os seus relatos dicindo: ”Cando eu levaba a máquena de Cuba a Cienfuegos...” Para el Cuba era La Habana, e La Habana, Cuba. ¡Aventuras e desventuras da nosa emigración!

-Noutra das casas aprendín o funcionamento do Exército español, pois un daqueles rapaces pegárase con un veciño doutro lugar, e para que non o metesen no cárcere..., meteuse, el, na Lexión! Con aquilo aprendín que existía voluntariado, coñecemento que me serviu, anos despois, para irme a Madrid, ao Ministerio do Ejército, (mecanógrafo do Consejo Supremo de Justicia Militar), e así, con tres anos de escravitude e de academia, obtiven praza nunhas oposicións do Banco Exterior de España, hoxe desaparecido, ou máis exactamente, engulido.

-Máis arriba, que lle chamaban da Caseta porque seica comezaran vivindo nunha casetiña... ¡Deus, que ben administraba aquela xente; aprendín deles máis que nos cursos de Comercio, de Económicas e de Empresariais, todos xuntos!

-Logo viña a do Rego, onde vivía a parteira que me fixo nacer. ¡Facultade de Medicina! Ardeu dúas veces en poucos anos. ¡Outras bágoas!

-Por último, ¡un Pazo! De pazo, ou Pacio, non tiña nada, ou pouco, pero seica foi a inicial do lugar. Cando vin ao mundo, cruceime co señor dela, que tamén estivera en Cuba, e que, canso de viaxar, os de Arriba déronlle o descanso eterno. R.I.P. Por iso non cheguei a coñecelo, pero si teño oído o que seu pai opinaba do seu cubano: “O meu fillo ten o corazón de ouro e as mans de prata”. ¿Si; por que? Din que dicía que merecía eses títulos porque era tan bo que non aforraba, e como tiña as mans de prata..., un folgazán!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES